Repasamos novas da actualidade máis próxima e adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Balutec, unha empresa aberta no polígono de Bóveda fai algo máis de tres anos, coñecemos máis dela conversando co seu responsable, Ricardo Pereira. Entrevistamos tamén á directora do IES Daviña Rey, Raquel Aira. Hoxe teñen neste centro un encontro escolar con alumnos de primaria dos colexios monfortinos e preguntamos tamén pola Liga na que van participar alumnos do citado Instituto competindo con outros centro galegos.
