Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 05/02/2026

Programa completo do 05/02/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e conversamos con Marina López, da Asociación de Veciños do Barrio de Cobas, un dos moitos lugares onde hoxe podemos ver compadres, abrindo oficialmente o entroido en Monforte e noutros concellos do Val de Lemos. As choivas provocan inundacións e cortes de estradas en varios puntos da comarca, entre eles no concello de Pantón, repasa a situación o alcalde José Luis Álvarez. O profesor e historiador Carlos Rodríguez repasará historia de San Vicente este venres nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Monforte, hoxe adiántanos algo do que recolle no estudo que vai presentar. Conversamos tamén con Yolanda Álvarez que presenta este sábado en Bóveda un novo libro infantil que vén de publicar. E como da xoves temos gabinete xurídico e Javier Leiro fálanos dos beneficios da "doutrina da paréntese".