O pleno do CRDORS vén de aprobar un plan de viabilidade que contempla, entre outras medidas, reducir persoal no Consello. Medidas que repasamos co presidente da D.O Antonio Lombardía. O Hospital Comarcal acolle este venres unha nova campaña de vacinación fronte á gripe niste caso para o público infantil e este centro hospitalario vén de recibir unha certificación internacional pola xestión dos residuos que repasamos coa directora Inmaculada Ramos. A Comunidade de Regantes do Val de Lemos convoca asamblea para este domingo e coa presidenta, Alicia Toirán repasamos asuntos a tratar na mesma. En Bóveda preparan unha homenaxe ao médico Manuel Pérez, con máis de 50 anos de exercicio no citado concello, entre os organizadores está Dionisio Blanco, e con él falamos deste acto. E como cada xoves toda gabinete xurídico con AV10, Javier Leiro repasa hoxe cuestións relacionadas coa seguridade no traballo e consecuencias de non cumprir coa normativa.
