Uns 57 mil euros adica o concello de Monforte ás luces de Nadal. Hai instaladas 1,2 millóns de luces led, 265 arcos repartidos por 67 rúas, e outros elementos que repasamos conversando co alcalde, José Tomé Roca. Con él falamos tamén do proxecto de saneamento da marxe esquerda do río Cabe. Dous establecementos monfortinos distinguidos con Soletes Repsol, Garden e Pastelería Moure, recollemos valoración de Rodrigo Coucheiro e Luis Aguiar en representación dos mesmos. Falamos tamén de Viñalert, o proxecto que recibiu o 3º premio do concurso de Semente, cun dos promotores, Ángel de la Peña Freire. Entre outros asuntos, entrevistamos a Víctor Silva Suárez, membro da xunta directiva de COGAMI, para repasar reivindicacións que plantexan nesta xornada na que se conmemora o Día Internacional da Persoas con Discapacidade.
