Máis de 3,8M€ terá de presuposto o concello de O Saviñao que asinará convenios coa CHMS para construir unha pasarela peoníl entre a praia da Cova e Belesar e para mellora de servizos en varias parroquias que repasamos conversando co alcalde Carlos Armesto. Antes falamos do Concurso de Tapas que empeza este venres no concello de A Pobra do Brollón coa concelleira de Cultura e Turismo Marián Martínez. Jose Vaquero é o autor de Insubmisas, peza teatral na que tamén intervén como actos e que hoxe chega a Monforte. Con él buscamos máis datos desta representación. Falamos tamén con Peitoescuro, que vén de presentar a canción "Pan das Pedras", que completa a triloxía que anticipa o disco que prepara para 2026. E toca gabinete xurídico de AV10, Héctor Silva repasa hoxe reclamacións ás aseguradoras.
