Dous subcampións de Europa de taekwondo temos en Monforte. Foi no Campionato celebrado en Lisboa onde conseguiron as medallas que repasamos co adestrador José María Vega. Problemas no servizo de telefonía no concello de Folgoso do Courel dos que falamos coa alcaldesa Dolores Castro. O BNG de Pantón alerta sobre a perda de servizos médicos no citado concello. A voceira nacionalista Rosana Prieto denuncia esta situación. Falamos dos presupostos do concello de Monforte, da viaxe de proba que hoxe se fixo pola línea de alta velocidade entre Madrid e Ourense, e entre outros asuntos, da empresa Codisoil que se prepara para abrir delegación no Polígono de Monforte. Falamos con Alba Domínguez, responsable de comunicación da citada empresa.