Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 16/09/2021

Programa completo do 16/09/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 16.09.2021 14:21

A UNESCO declara RESERVA DA BIOSFERA a Ribeira Sacra e as Serras de Oribio e o Courel. Unha declaración da que falamos coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Satisfación na Ribeira Sacra pero tamén nas terras do Courel. Falamos coa alcaldesa Lola Castro. Sobre a riqueza deste territorio buscamos tamén información co biólogo Guillermo Díaz. E o polígono industrial de Monforte é outra das referencias informativas. Materializada a venda de novas parcelas, falamos con Beatriz Sestayo, xerente de SEA, a empresa xestora. E a Asociación de Veciños de Vilachá solicita máis "atención" para as adegas que teñen no lugar e piden formar parte do Consello de Parroquias e da Mesa Interdepartamental da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. E no programa de hoxe presentamos un novo espazo de asesoría xurídica patrocinado por Abogados Vigo 10, que nos acompañará a partir de agora os xoves. Del falamos co avogado Héctor Silva.