Con Manola Porto

Más de Uno Monforte 09/01/2026

Programa completo do 09/01/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Segue aumentando o número de peregrinos que fan o Camiño de Inverno cando se van cumprir 10 anos da súa oficialidade. Dos 2.758 que recoñece a Oficina do Peregrino, en torno ao millar hospedáronse no Albergue Lemavos. Repasamos os datos con José Carlos Costoya. O grupo municipal do PP de Monforte considera que o 2025 foi un mal ano para Monforte e explica os motivos a voceira Kati Varela. O BNG reclama que se anule un acordo plenario da sesión celebrada o pasado día 29, falamos delo co concelleiro Manuel Luaces mentres o equipo de goberno iniste en que non hai ningúnha irregularidade. Reformar a Praza de España de Escairón é un dos proxectos que vai executar o concello de O Saviñao neste 2026, entre outras iniciativas das que nos da conta o alcalde Carlos Armesto. Tempo tamén para recomendacións literarias que mensualmente nos achega Susana González dende a Libraría Agrasar, e pechamos cunha nova colaboración que firma José Vicente Barcia, que se encargará cada quince días de reflexionar sobre temas de actualidade, hoxe sobre o que acontece en Venezuela.