Gente Viajera de Galicia (25-10-2019)
Abrimos o programa do venres coa actualidade turística e viaxeira antes de facer unha primera viaxe express que nos leva ata o "Mesón de Alberto" na cidade de Lugo. Coa visita de Javier Arnau imos ata Noruega para desfrutar de fiordos e auroras boreais. Estreamos a primeira cuchipanda da temporada cos nosos amigos de "Polo Correo do Vento" que nos propoñen un percorrido pola Galicia lorquiana. O destino final desta semana é o xeodestino "Celanova/Baixa Limia" na provincia de Ourense co presidente do INORDE, Rosendo Fernández.