A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue presentou unha nova promoción de vivendas en Xuxán. Son catorce vivendas unifamiliares, de dous dormitorios, en réxime de alugueiro, das que se reservan o 40% para menores de 36 anos. Contan con un presuposto de 3.519.318 euros, dos que o 80% veñen aportados pola Xunta e o 20% dende fondos europeos.
O próximo ano estarán acabadas e súmanse ós dous bloques que xa están en construcción, de corenta e cincuenta vivendas, tamén en Xuxán.
Estando a conselleira de Vivenda na Coruña e a carón do concelleiro de Urbanismo, Fran Díaz Dinís, tocaba aborda-la situación da documentación da zona de vivenda tensionada. María Martínez Allegue ponse seria á hora de falar deste asunto, reiterando que a Xunta non a ve ben, dados os resultados en Cataluña, por exemplo. Pero pon en valor a celeridade dos técnicos informando sobre a solicitude, uns quince días, e recalcou que agora tócalle ó Concello envia-lo documento correxido, algo que Francisco Díaz non confirmou que sexa para esta semana, pero sí "á maior brevidade", despois da correspondente corrección para que non se repitan erros.
Ademáis, a María Martínez Allegue apuntou que este venres teremos noticias sobre o plan Rexurbe na Coruña, dado que hai xuntanza da mesa de contratación coa apertura do sobre para a reforma do edificio que se vai recuperar na rúa San Andrés.