Más de Uno Pontevedra
Soluciones de autoconsumo fotovoltaico para empresas y particulares
Coversun Solutions es una empresa pontevedresa especialista en instalaciones de autoconsumo fotovoltaico para empresas.
Más de Uno Pontevedra
Coversun Solutions es una empresa pontevedresa especialista en instalaciones de autoconsumo fotovoltaico para empresas.
Almorzo no Carabela
Conversamos coa concelleira de promoción da cidade, Anabel Gulías, e a coordinadora da feira Etiqueta Negra, Vanessa López. Este sábado comeza a oitava edición dun dos eventos gastronómicos máis destacados do país.
PROGRAMA COMPLETO
Trala comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP, Alberto Varela. Ademais, coñecemos a campaña solidaria cos afectados pola DANA de A Fundación en Pontevedra en compañía da responsable da súa área de Cultura, María Teresa Cores. Como cada martes, completamos o programa co espazo Cronopios semanal e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.
Espazos de lecer e festivos seguros
A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou o borrador do que será unha ferramenta de prevención, detección e actuación fronte a calquera tipo de violencia sexista para contribuir a crear e consolidar espazos de lecer e festivos seguros para todas e todos. “Malia que as máis das veces somos as mulleres as que sufrimos as violencias sexuais, hai persoas do colectivo LGTBIQA+, que son tamén obxecto desas agresións”, lembrou a concelleira. Hai que lembrar que a violencia sexual ou a ameaza de sufrila é unha das formas prioritarias de limitación de acceso a espazos públicos en clave de igualdade e desde o Concello de Pontevedra trabállase en acadar unha igualdade real e efectiva.
Cita no Museo
Recíbenos o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, no Museo de Pontevedra para visitar a exposición ‘Alberto Baraya. Vento’. É a segunda mostra do ciclo ‘Infiltracións’, que convida a artistas contemporáneos a dialogar cos fondos do Museo.