Temas

Vila de Cruces

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 27/05/2022

Comezamos o programa coa actualidade do día e resumindo a semana en sons e palabras. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Ademais, como cada venres, convertemos a radio nun conto coa mestra e escritora Carmen Quinteiro: esta semana marcamos axenda con estilo "quinteiro".

Máis de Un Pontevedra

Volve a Feira de Nadal do Galo de Curral a Vila de Cruces

Conversamos co portavoz do goberno local de Vila de Cruces, Julio López, sobre a nova edición da Feira de Nadal do Galo de Curral que se celebra este mércores 22 de decembro a partir das once da mañá. O Concello decidiu suspender a degustación pero mantén a feira coa exposición de razas autóctonas do galo de curral

ONDA CERO GALICIA-GENTE VIAJERA DE GALICIA

Novembro "Mes do Deza"

Último venres de novembro en Gente Viajera de Galicia onde viaxamos ata a comarca do Deza.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (25-05-2018)

No programa desta semana percorremos "El Camino más dulce", os 1.000 km que separan Córdoba de Santiago a través do proxecto de Victoria Morales. Como cada último venres do mes temos cuchipanda con "Polo Correo do Vento". Ademais, repasamos a actualidade turística da semana e rematamos a viaxe descansando en Sanxenxo, mirando ao mar no Hotel Carlos I Silgar

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (12-05-2017)

Esta semana viaxamos guiados polo primeiro mapa de Galicia elaborado por Domingo Fontán: o escritor Marcos Calveiro, autor da novela «Fontán» é o convidado no tempo da entrevista. A viaxe express lévanos a Vila de Cruces e, con Ana Otero, organizamos o mes de maio grazas aos seus «Murmullos entre maletas». Na axenda visitamos o Museo de Pontevedra para facer unha «visita cruzada» con Xosé Leal, deputado provincial de cultura.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia

Percorremos Galicia para visitar, comer e durmir cos mellores anfitrións: a carreira Sin Son 2016 é a ruta que facemos esta semana guiados pola súa organización, comemos o galo de curral de Vila de Cruces e durmimos no Retiro do Conde en Monterrei. A galega viaxeira que nos visita levaranos ata Mozambique, onde leva vivindo 16 anos como cooperante. Coa música de Xoel López marcamos unha completa axenda para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (09-11-2016)

Comezamos repasando a actualidade local e comarcal tamén coa mirada en EEUU trala victoria de Donald Trump. No tempo da entrevista conversamos co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero. Conectámonos co campus universitario para coñecer as novidades da semana e falamos coa Asociación Pedaladas que nos presenta o seu novo proxecto "Rodando"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (21-10-2016)

Volvemos percorrer Galicia para coñecer a actualidade do sector e para visitar novos rincóns: facemos o "Roteiro da Historia" entre Silleda de Vila de Cruces, comemos no Manuel Bistró de Monforte de Lemos e durmimos no Hotel Arco de Mazarelos en Compostela. No tempo da entrevista revivimos a primeira viaxe de Lorca a Galicia co músico e investigador de Tui, Samuel Diz.