Temas

Susana Pedreira

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 19/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando sobre coidados e axuda a domicilio con Marta Blanco de Galáurea. Buscamos a información do tempo e abrimos tempo de entrevista en clave política e municipal co portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións lectoras desde a Librería Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 18/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de luns e buscamos a información metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co director da UNED Pontevedra, Víctor González, e a directora xeral da Fundación Mujeres por África, Teresa Langle. Ademais, como cada luns, falamos de motor e completamos o programa cunha nova edición de “Cántamo… en galego!” e a visita do músico pontevedrés Anxo Araújo.

Cántamo... en galego!

Aprendemos a bailar coas nova cancións de Anxo Araújo

Convidamos ao músico pontevedrés Anxo Araújo para ‘Aprender a bailar’ coas cancións do seu novo disco. Despois de tres sinxelos de adiantoxa xa está nas plataformas dixitais, e tamén en formato CD e vinilo, un álbum de nove temas onde os ritmos bailables, as percusións latinas, os ventos e os sintetizadores marcan a paisaxe sonora. ‘Aprender a bailar’ é un disco que “disipa tormentas” e que convida a celebrar a vida e a vivir o presente.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 14/03/2024 Especial desde Cambados no Restaurante A Fonte do Viño

Hoxe levamos a nosa radio ata Cambados para descubrir todos os encantos gastronómicos, naturais e patrimoniais deste concello pontevedrés. Convertemos o Restaurante A Fonte do Viño nun estudio de radio para conversar co seu propietario, Álvaro Fernández. Ademáis, convidamos ao alcalde, Samuel Lago, ao touroperador Yutravel, á Bodega Paco&Lola, a Conservas Daporta e ao restaurante Kayma Fusión

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 13/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a información do tempo para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, falamos de ciencia e investigación con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia e Margarita Lema, doutora en Bioloxía e investigadora na Misión biolóxica de Galicia.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 12/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e visitamos o Colexio Sek Atlántico para falar de educación cos seus docentes e equipo directivo. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións lectoras desde a Librería Cronopios en compañía de Mercedes Corbillón.