lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

09/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-04-2018)

A actualidade do día, o espazo de motor e a predicción do tempo abren o programa deste inicio de semana. Adiantamos a luns o almorzo informativo semanal desde a Cafetería Moi Bo de Pontevedra, visítanos o alcalde de Bueu, Félix Juncal. E buscamos ritmo coas novidades musicais de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

04/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (05-04-2018)

Os Orzamentos Xerais do Estado centran a nosa atención na primeira parte do programa coas valoracións dos diferentes grupos políticos desde Pontevedra. Buscamos a predicción meterolóxica e abrimos tempo de entrevista cos mestres da Escola de Xadrez de Pontevedra como convidados. Falamos de saúde coa nutricionista Amil López e rematamos o programa cunha nova edición de xoves de conto da man de Carmen Quinteiro

Onda Cero Pontevedra

04/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (04-04-2018)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción metereolóxica na primeira parte do programa. No tempo de entrevista analizamos a actualidade co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. E visítanos a nosa coach, Raquel Pedrouso, para axudarnos a traballar o autocoñecemento

Onda Cero Pontevedra

03/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (03-04-2018)

Xornada de balances turísticos sobre a ocupación hotelera de Semana Santa. Turismo Rías Baixas situa nun 68% o nivel de pernoctas durante este primer test da temporada. Nesta liña, falamos co presidente do CETS de Sanxenxo e almorzamos, na cafetería Moi Bó, con Lorena Varela, xerente da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas. Pechamos o programa mergullados entre libros cos amigos e amigas da Librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

02/04/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-04-2018)

Recuperamos a normalidade, tras a Semana Santa, moi pendentes da visita do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o proxecto da A-57. No sector das ambulancias planea unha folga polos continuos recortes materais e huamanos. Neste inicio de semana participamos do Día Internacional do Autismo e repasamos as novas do motor con Abel Millán. Tamen, celebrados os vinte anos da editorial Kalandraka e descubrimos novos talentos e proxectos muscais no espacio Cántamo en Galego.

Onda Cero Pontevedra

28/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-03-2018)

Iniciamos este mércores de Semana Santa moi pendentes do tempo e dos incidentes violentos acontecidos na cofradía de Carril. O letrado Santiago Prego era agredido polo patrón maior tras unha xuntanza. Fora desta polémica analizamos o Proxecto Revitaliza, iniciativa de compostaxe da Deputación de Pontevedra, coa ONG Amigos da Terra Galicia. Tamen, nos deixamos asesorar fiscalmente por Cobian e Asociados ante a proximidade da declaración da renda. Falamos da peregrinación do camiño a Santiago de Compostela. E pechamos explorando a exposición 'Dali y la Toja' que se pode admirar no Casino La Toja. ¡Boa semana festiva!

Onda Cero Pontevedra

27/03/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

27/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (27-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e almorzamos na Cafetería Moi Bo co portavoz municipal do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

20/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (20-03-2018)

Repasamos a actualidade do día e almorzamos na Cafetería Moi Bo co alcalde de Meis, Jose Luis Pérez. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios!

Onda Cero Pontevedra

19/03/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (19-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e co espazo de motor de cada luns da man de Abel Millán. Visitamos a exposición "Ponte do Burgo. Berce, camiño, luz" facendo historia e coñecendo o proxecto co que o Concello de Pontevedra vai reformala ponte e a súa contorna. Ademais, escoitamos boa música nunha nova edición semanal de "Cántamo... en galego!"