lalin

Onda Cero Pontevedra

24/09/2015 14:56

Pontevedra en la Onda 24-09-2015

O pacto PSOE-PP en Vilagarcía de Arousa centra a nosa atención ao longo do programa conversando co alcalde socialista, Alberto Varela, e o portavoz popular, Tomás Fole. Compartimos con vostedes as palabras de Javi Gómez Noya e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a recepción oficial ao pentacampión do mundo. No tempo da entrevista conversamos con Edu Martín, guitarrista da banda madrileña Pasajero que este sábado forma parte do cartel do Surfing the Lerez. E esta semana PONTE CALIDADE lévanos ata A Estrada para coñecer as súas mazás e a súa sidra

Onda Cero Pontevedra

17/09/2015 14:50

Pontevedra en la Onda 17-09-2015

As novidades na crise do sector lácteo co desbloqueo ante as industrias centran a nosa atención no inicio do programa xunto co repaso polas noticias do día no ámbito comarcal. Saimos de paseo co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, pechando unha nova temporada de paseos que serviu para analizar a actividade das diferentes concellerías e repasar a actualidade cos seus responsables. E estreamos sección: "Ponte Calidade" para dar protagonismo aos nosos produtores locais, artesáns, empresarios... que contribuen á economía pontevedresa poñendo no mercado produtos de calidade

Onda Cero Pontevedra

13/08/2015 14:59

Pontevedra en la Onda 13-08-2015

Comezamos o programa coa crise de Ciudadanos en Pontevedra e os cambios metereolóxicos que favorecen a uns e preocupan a outros. A Rúa Responde sobre o uso que facemos dos diferentes transportes colectivos e particulares. Hoxe paseamos coa concelleira de Festas na cidade do Lérez, Carme da Silva e con ela repasamos tamén a actualidade en materia de servizos, protección cidadá e urbanismos, áreas que tamén están baixo a súa xestió neste novo mandato. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica e, como cada xoves deste verán, escoitamos unha nova MIRADA BECARIA: Martín Muñiz fálanos esta semana do programa Vacaciones en Paz que coordina a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Onda ero Pontevedra

13/08/2015 09:36

Pontevedra en la Onda 12-08-2015

A manifestación da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en Lalín centra hoxe a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a afección ao fútbol e a outros deportes que temos na nosa cidade. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Core Tourís. Tamén nos visita a directora de marketing de Martín Códax, María Garrido, para disfrutar dunha nova sesión musical desde a terraza da bodega. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica. E marcamos a nosa particular axenda festiva dos mércores de verán para recompilar todos os eventos dos vindeiros días ao longo da provincia.

Onda Cero Pontevedra

12/08/2015 15:07

Pontevedra en la Onda 12-08-2015

A manifestación da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en Lalín centra hoxe a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a afección ao fútbol e a outros deportes que temos na nosa cidade. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Core Tourís. Tamén nos visita a directora de marketing de Martín Códax, María Garrido, para disfrutar dunha nova sesión musical desde a terraza da bodega. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica. E marcamos a nosa particular axenda festiva dos mércores de verán para recompilar todos os eventos dos vindeiros días ao longo da provincia.

Onda Cero Pontevedra

12/08/2015 11:09

Pontevedra en la Onda 07-08-2015

Cúmprese unha semana do crime de Morana e comezamos o programa coas novidades xudiciais e as manifestacións en lembranza de Candela e Amaia convocadas para esta tarde. Repasamos a actualidade da última semana que hoxe despedimos e saimos á rúa preguntar a súa opinión sobre a crise do sector lácteo. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau para falar sobre as tendencias deste verán nas redes sociais. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para disfrutar a fin de semana que temos por diante.

Onda Cero Pontevedra

10/08/2015 15:12

Pontevedra en la Onda 10-08-2015

Comezamos o luns co balance da primeira fin de semana de peñas 2015 e repasando a actualidade local e comarcal. No tempo da entrevista conversamos con Laura Expósito desde a Ruta do Viño Rías Baixas. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e poñemos ritmo ao luns coa sección musical "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

06/08/2015 14:59

Onda Cero Pontevedra

06/08/2015 14:59

Pontevedra en la Onda 06-08-2015

Continuan as valoracións sobre os orzamentos xerais do estado, hoxe son os socialistas pontevedreses no Congreso dos Deputados os que critican os investimentos na provincia, a eles os escoitamos no inicio do programa ademais de dar conta das novidades xudiciais sobre o crime de Moraña. A Rúa Responde sobre o último barómetro do CIS. Paseamos polo barrio Monte do Taco coa concelleira de Educación, Servizos Sociais e Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica para esta xornada de xoves. E, como cada semana, poñemos voz á mirada becaria dos nosos compañeiros de verán: turno para Juan Sanmartín cunha reportaxe sobre a arte da tatuaxe

Onda Cero Pontevedra

04/08/2015 14:32

Pontevedra en la Onda 04-08-2015

A nova presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é a nosa convidada no tempo das terrazas de verán e con ela conversamos sobre as prioridades do seu novo goberno. A Rúa Responde sobre as infraestruturas que precisa Pontevedra e, como cada martes, tamén se fai escoitar a irreverente Dina Mita na súa audieta semanal. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e seguimos ampliando as nosas bibliotecas de verán con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

03/08/2015 14:56

Cántamo en Galego!

Escoita aqui a sección musical da semana