lalin

Onda Cero Pontevedra

27/10/2015 14:23

Pontevedra en la Onda 27-10-2015

Repasamos a actualidade da xornada coas novidades en torno ao último caso de violencia machista en Pontevedra e o balance de 100 días de novo goberno na Deputación provincial. Como cada martes escoitamos á irreverente Dina Mita e no temos novo almorzo informativo: hoxe convidamos á deputado do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. E unha semana máis ampliamos as nosas biblilotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

26/10/2015 14:35

Pontevedra en la Onda 26-10-2015

As mostras de dor e de repulsa contra o último crime machista perpetrado en Pontevedra centran a nosa atención no inicio de programa. Contactamos en directo cos servizos informativos para seguir a comparecencia de Rajoy tralo Consello de Ministros extraordinario. Recuperamo o tempo local con información deportiva e metereolóxica.

Onda Cero Galicia

26/10/2015 10:53

Gente Viajera de Galicia 23-10-2015

Comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana o mundo da moda é o protagonista conversando co lalinense Florentino Cacheda. A nosa GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta ata a comarca do Ribeiro guiados polo servizo de deportes da UVigo, propónnos comer nun xantar foliada en Vedra, busca onde durmir no portal www.escapadarural.com, e na provincia de Pontevedra abrimos a nosa axenda de fin de semana

Onda Cero Pontevedra

19/10/2015 12:08

Pontevedra en la Onda 16-10-2015

Como cada venres repasamos a actualidade da xornada e os principais temas que nos deixa a semana. Nova edición de ENREDADOS con Javeir Arnau e AXENDA cultural para disfrutar da fin de semana que temos por diante. Feliz venres!

Onda Cero Pontevedra

16/10/2015 16:47

Pontevedra en la Onda 16-10-2015

Como cada venres repasamos a actualidade da xornada e os principais temas que nos deixa a semana. Nova edición de ENREDADOS con Javeir Arnau e AXENDA cultural para disfrutar da fin de semana que temos por diante. Feliz venres!

Onda Cero Pontevedra

14/10/2015 14:29

Pontevedra en la Onda 14-10-2015

Repasamos a actualidade local e comarcal e centrámonos no Ciclo Cero Violencia Viaria que hoxe comeza no Campus Universitario de Pontevedra. No tempo da entrevista compartimos con vos o encontro mantido co escritor pontevedrés Manel Loureiro na librería Cronopios. No espazo dedicado a falar de cooperación e solidariedade damos voz á Liga Reumatolóxica GalegaRepasamos a actualidade local e comarcal e centrámonos no Ciclo Cero Violencia Viaria que hoxe comeza no Campus Universitario de Pontevedra. No tempo da entrevista compartimos con vos o encontro mantido co escritor pontevedrés Manel Loureiro na librería Cronopios. No espazo dedicado a falar de cooperación e solidariedade damos voz á Liga Reumatolóxica Galega

Onda Cero Pontevedra

05/10/2015 14:38

Pontevedra en la Onda 05-10-2015

Comezamos a semana pendentes do tempo, con novas obras na cidade que implican operativos especiais de tráfico e con xunta de goberno local. Como cada luns facemos balance deportivo da fin de semana co noso compañeiro Rubén Rey e escoitamos a mellor música en galego en compañía de Carlos Pereiro

Onda Cero Pontevedra

29/09/2015 14:12

Onda Cero Pontevedra

29/09/2015 14:12

Pontevedra en la Onda 29-09-2015

A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir

Onda Cero Pontevedra

28/09/2015 14:32

Pontevedra en la Onda 28-09-2015

A semana comeza con xunta de goberno local en Pontevedra que nos deixa o anuncio da futura retransmisión dos plenos a través de Internet e a valoración do goberno da decisión da Deputación de retirar as axudas ás corridas de touros. No tempo da entrevista damos voz aos colectivos Vaipolorío e Difusión Felina. Repasamos a actualidade deportiva con Rubén Rey e conectamos en directo coa Moncloa para retransmitir a comparecencia de Rajoy valorando os resultados das eleccións en Cataluña

Onda Cero Pontevedra

24/09/2015 14:56

Pontevedra en la Onda 24-09-2015

O pacto PSOE-PP en Vilagarcía de Arousa centra a nosa atención ao longo do programa conversando co alcalde socialista, Alberto Varela, e o portavoz popular, Tomás Fole. Compartimos con vostedes as palabras de Javi Gómez Noya e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a recepción oficial ao pentacampión do mundo. No tempo da entrevista conversamos con Edu Martín, guitarrista da banda madrileña Pasajero que este sábado forma parte do cartel do Surfing the Lerez. E esta semana PONTE CALIDADE lévanos ata A Estrada para coñecer as súas mazás e a súa sidra