A actualidade máis viaxeira e un primeiro destino express (Castelo de Soutomaior) abren o programa deste venres. Visítanos o ilustrador e debuxante Miguelanxo Prado co seu novo caderno de viaxe sobre Valdeorras. Como cada último venres do mes, temos cuchipada con Polo Correo do Vento, e rematamos facendo o Camiño de Santiago co viño como fío condutor: "El Cavino" é o proxecto que coñecemos da man do sumiller Enrique López
A actualidade máis viaxeira e un primeiro destino express (As San Lucas - Mondoñedo) abren o programa deste venres. Visítanos Natalia Maquieira, galega viaxeira con máis de 120.000 seguidores nas redes grazas ao seu blog "Paso a paso" (http://www.pasoapasoblog.com/). Visitamos O Grove co cociñeiro Javier Olleros, comemos os cogomelos en ferrol no restaurante Casalexo, e durmimos en Oleiros mentres observamos as estrelas no interior dunha burbulla.
Viaxamos ata Alemaña co ilustrador Kiko da Silva, o galego viaxeiro que nos visita esta semana. Repasamos a actualidade máis turística e adentrámonos na Revista Pincha para buscar as mellores recomendacións gastronómicas e culturais na cidade de Compostela. Anotámonos á BTT da Ruta do Viño Rías Baixas e rematamos a viaxe en Lugo para vivir o San Froilán
Estreamos nova temporada repasando a actualidade da semana e falando da profesionalización do sector a través da formación co Cluster de Turismo de Galicia. A viaxe express ten como destino o maior bosque de secuoias de Europa que está en Poio. Visitamos Castro Caldelas cunha andaina nocturna e comemos o mellor marisco no Grove. Ademais, como cada último venres do mes, temos cuchipanda con Polo Correo do Vento
Hoxe falaremos das novas tecnoloxías que se utilizan no turismo. A nosa forma de comunicarnos cambia e tamén as formas en que eliximos hotel ou resturante, nos acompañará o xornalista Fernando Gallardo. Tamén sabremos como o cine é un excelente divulgador turístico. Nos acompaña hoxe o director de cine Jorge Coira. E en plena vendimia falaremos da rutas do viño, nos iremos ata o Ribeiro. Repasaremos tamén as noticias turísticas da semana en Gente Viajera de Galicia.
O sol do mes de agosto consiguiu remontar os débiles resultados de turismo en Galicia. Acadouse este mes unha ocupación hoteleira do 90 por cento. Unhos datos similares os do ano pasado. Non son moitos máis os turistas que nos visitaron este verán pero si estiveron máis noites e costoulles máis pernoctar porque os prezos dos establecementos hosteleiros medraron ata un 2, 5 por cento este ano según os datos de cluster de turismo de Galicia. Destaca este estudio que os galegos viaxamos máis pola nosa comunidade. Sete de cada dez visitantes viñeron de territorio nacional e o resto de outros países. Buscan sobre todo Praia pero cada vez en maior medida ocio e cultura. Ata o mes de xullo se contabilizaron unhos ingresos no sector hotelero de 145 millóns de euros. Esta é unha radiografía do turismo deste verán. Coñeceremos hoxe o programa "Monumenta, andar con arte", polo que preto dun millar de personas percorren cada ano Galicia a través das andainas, o patrimonio e a música. Nos iremos de ruta gastronómica por Lugo co concurso de tapas que. Participamos no nacemento de Celtic Galcia Golf and wellness , ou o que ven ser o mesmo un proyecto unificador da oferta termal, con práctica de golf e gastronomía. Iremos de entroido polas rúas de Santiago e lles contaremos a postal literia e poética da Ribeira Sacra
Neste último programa da temporada despedímonos o grande.Viaxamos ata Monforte de Lemos para coñecer en profundidade o "Festival do viño da Ribeira Sacra 2018".O alcalde de Monforte, o presidente da DO Ribeira Sacra, adegueiros ,sumilleres e expertos en gastronomia ; pasaran polo noso set de radio en directo.Ademais,no eido musical falamos cun representante de "Sons de Douro".
Neste venres imos de cuchipanda cos amigos de Polo Correo de Vento, Carlos Taboada e Kique Mauricio; subirémonos a un tren para percorrer a Ribeira Sacra entre viñedos, iremos ata A Guarda para coñecer a cita festiva da Festa da Langosta e no viaxe express escollemos Sanxenxo.
A actualidade da semana e unha primeira viaxe express para coñecer a nova zona VIP do aeroporto de Lavacolla abren o programa deste venres. O galego viaxeiro que nos visita é Bieito Romero co novo disco de Luar na Lubre: "Ribeira Sacra". Coñecemos a Galicia máis auténtica guiados por Pablo Conde, un #GaliciaLover de VOLTA MONTANA. Rematamos a viaxe en Ferrol percorrendo a ruta "O Ferrol da Ilustración"
A actualidade da semana e unha primeira viaxe express para coñecer a nova zona VIP do aeroporto de Lavacolla abren o programa deste venres. O galego viaxeiro que nos visita é Bieito Romero co novo disco de Luar na Lubre: "Ribeira Sacra". Coñecemos a Galicia máis auténtica guiados por Pablo Conde, un #GaliciaLover de VOLTA MONTANA. Rematamos a viaxe en Ferrol percorrendo a ruta "O Ferrol da Ilustración"