Temas

cantantes

Cántamo en galego

Lucía Aldao, a música e a amizade como táboa de salvación

Comezamos a semana escoitando novidades musicais en galego e conversando con Lucía Aldao. Un ano despois de PAVA, o seu primeiro traballo musical en solitario, chega PAVA2, un EP de catro cancións que completa e dá continuidade ao proxecto.

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 09/01/2023

Todos os luns facemos soar música en galego feita en Galicia. Hoxe escoitamos a Pata Alta e Javier Vicalo con "Aprende a facelo ti", Elefants Yard con "Novas Herbas", a Verto "Co puto mel nos beizos" e finalizamos con Fillas de Cassandra e o seu tema V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro).

Máis de Un Pontevedra

Cántamo en galego 19/12/2022

Neste luns no Cántamo ...en galego! escoitamos as novidades de Mou "Saudando á saudade" en colaboración con moitos artistas, a De Vacas con "Titanic Nunca Máis", Monoulious Dop con "Tie eu" e finalizamos con Loita Amada e "Quero"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 12/12/2022

Todos os luns comezamos con ritmo da música feita en Galicia en galego. Hoxe escoitamos a Loita Amada, o novo de Guadi Galego con Penélope e finalizamos con banda sonora de "O Home o can" de Pauliña titulada "Tan tan"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 05/12/2022

Todos os luns poñemos ritmo con artistas galegos cantando en galego. Hoxe escoitamos a Rodrigo Ramos con "Claustrofobia", Mallou con "Bos amores". Finalizamos con O Rabelo e Eva Outeiro que colaboran en "Rumba do Pam", producida por Petrowski.

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 28/11/2022

Todos os luns comezamos co ritmo de Cántamo...en galego! Hoxe con entrevista a Hugo Guezeta da banda Son da Rúa xa que inician unha xira de despedida. Estarán este venres na Sala Karma de Pontevedra. Apertura as 21:30h. Tamén escoitamos a Ataque Escampe e a Fanny & Alexander.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 28/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando con Daniel Martínez, diplomado en relacións laborais de "María Cobián y Asociados". Ademais, buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista con Victor González, director da UNED Pontevedra. Como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 21/11/2022

Os luns queremos ter un bo ritmo e para iso escoitamos música en galego feita en Galicia. Hoxe falamos de Culturgal e os seus concertos, por iso facemos soar Promesas" de Ukestra Do Medio, "Nunha Estrela" de Antía Muíño, "Estrelas verdes" de Berto e finalizamos con unha canción de Néboa " 22:19 - O soño e a calma" (con Antía Ameixeiras & sús)

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 07/11/2022

Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! Hoxe facemos soar o novo de Monoulious DOP con "Sábado", continuamos co descubrimento de Noelia Perpetuo e o tema "Nós" e do grupo Bonhomía, formado por Carolina García e Pablo Araújo con" Caixa de cartón", ambos participaron no certame infantil e xuvenil de Quero Cantar que promociona a Deputación da Coruña.

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 31/10/2022

Escoita a sección musical de "Más de Uno Pontevedra". Centrámonos na festa do Samaín e por iso fixemos unha escolma de diferentes estilos musicais de bandas e artistas galegos que cantan sobre esta festa tan particular, ademais facemos soar "Cantan as balas", un adianto do último de SES, xa que o 25 de este mes presenta novo disco “Diante un Eco”