PROGRAMA

Semana Santa de Paradela - Meis 2023: horarios e percorridos das escenificacións.

Descobre aquí todo sobre a Semana Santa de Paradela 2023 no Concello de Meis. Consulta o programa, horarios e percorridos das escenificacións desta festa declarada de Interese Turístico Galego.

Lorena Páramo

Pontevedra | 03.04.2023 18:43

Semana Santa de Paradela - Meis 2023: horarios e percorridos das escenificacións.
Semana Santa de Paradela - Meis 2023: horarios e percorridos das escenificacións. | Turismo Rías Baixas

A celebración da Semana Santa de Paradela ten un carácter litúrxico e profano ao mesmo tempo. Conxuga a relixón, como profundo sentimento dos fieis, e o teatro, como forma de representación. É unha tradición que se manten na zona desde hai máis de dous séculos grazas á “Cofradía de Semana Santa y Pascua de Santa María de Paradela”. Co paso dos anos adquiriu gran popularidade, sendo unha das festas tradicionais máis sonadas e prestixiosas da Comarca do Salnés. Na preparación e escenificación dos diversos actos que se realizan, participan máis de cen persoas, a maioría delas cofrades. A escenificación conta cun gran decorado e todas as actuacións son ao aire libre.

Este é o programa:

DOMINGO DE RAMOS - 2 DE ABRIL

12:30 H Escenificación da Entrada Triunfal en Xerusalén e Bendición de Ramos na Praza do Outeiro

21:30 H Escenificación das Vodas de Caná no Monte da Croa

XOVES SANTO - 6 DE ABRIL

20:30 H Actos litúrgicos na igrexa

22:00 H Escenificación da Última Cea de Xesús no adro da igrexa

VENRES SANTO - 7 DE ABRIL

11:30 H Escenificación das Derradeiras horas de Vida de Xesús no adro da igrexa. Via Crucis ata o Monte da Croa e Crucifixión.

20:30 H Oficios litúrxicos na igrexa e posteriormente reparto de velas

22:00 H Desencravo e Descendemento de Xesús no Monte da Croa. Procesión do Santo Enterro

SÁBADO DE PASCUA - 8 DE ABRIL

20:30 h Misa de Resurrección. Ao rematar, degustación gratuita de Rosca de Pascua.

DOMINGO DE PASCUA - 9 DE ABRIL

12:30 H Escenificación da Resurrección de Xesús no adro da igrexa

13:00 H Santa Misa cantada

Semana Santa de Paradela- Meis 2023
Semana Santa de Paradela- Meis 2023 | Turismo Rías Baixas
Semana Santa de Paradela - Meis 2023
Semana Santa de Paradela - Meis 2023 | Turismo Rías Baixas