11/03/2021

O programa 'Poio Confía' logra superar o 90% de participación do tecido empresarial

Mas de Uno Pontevedra
  • 18:18 MIN

O programa 'Poio Confía' logra superar o 90% de participación do tecido empresarial

Políticas económicas municipais

compartir
O programa 'Poio Confía' logra superar o 90% de participación do tecido empresarial

Poio respira despois de semanas de peche pola Covid19. O concello acaba de impulsar unha certificación 'Poio confía' para garantir a seguridade sanitaria nos establecementos de hostaleria e comerciais. Nunha entrevista con Greogorio Agís, concelleiro de Promoción Económica, abordamos a desescalada, o saneamiento, a mellora no porto de Raxo ou o estudo de Tambo.

O concello de Poio foi un dos municipios máis castigados por esta terceira ola da Covid 19. Durante semanas estivo sufrindo as máximas restriccións sanitarias con limitacións na mobilidade e nas relación sociais. Dende fai uns días, a vida do concello recupera algo da ansiada normalidade como a reapertura dos establecementos de hostaleria e extensión do horario comercial.

Ademáis de políticas para recuperar a economía tamen se desenvolven proxectos, de diverso financiamento, relacionados co saneamiento municipal, así como un estudo para catalogar o patrimonio medio ambiental da Illa de Tambo. Con este esforzo se persigue lograr a transferencia da Illa cara o concello de Poio.

Temas

  • Onda Cero