Más de Uno Pontevedra

A Feira do Moble de Galicia abre as súas portas na Estrada ata o 18 de setembro

Tres anos despois da última edición, no 2019, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acollerá unha nova Feira do Moble de Galicia. O evento, que tivo que pospoñer as súas citas habituais dos anos 2020 e 2021 por mor da pandemia sanitaria motivada polo coronavirus, celebrarase así entre o 15 e o 18 de setembro

Redacción

Pontevedra | 15.09.2022 14:18

Conversamos con César Barbosa, representante da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Mueble de A Estrada. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista en "Máis de Un Pontevedra".