A policía paralizou nas últimas horas unha orde de expulsión dunha cidadá de orixe ruso de 52 anos que actualmente residía en Ourense co seu compañeiro e que en 2003 presentara denuncia por unha presunta violación en Malága onde supostamente a deixaran abandoada e espida nun monte. A asociación Aspacia que defende o dereito das mulleres agredidas sexualmente denunciou que este caso abriuse xudicialmente e non se pechou polo que presentou as correspondentes alegacións que están a ser analizadas, razón pola que se decidiu paralizar a expulsión prevista para hoxe quedando en liberdade tras ser detida previamente para a sua expulsion. Así o confirmou o subdelegado do goberno de Ourense, Roberto Castro que aclaraba que a única vinculación desta persoa con Ourense é de convivencia sentimental.