Ourense celebra o San Martiño cos seus "magostos"


A cidade de Ourense celebra hoxe a festividade do seu patrón San Martiño que tradicionalmente vai ligada aos magostos, unha cita do ciclo do outono no que son protagonistas as castañas, os chourizos e o viño novo.

ondacero.es

Ourense | 11.11.2013 11:17

Magosto
As castañas, protagonistas do magosto | OCR


A cidade de Ourense celebra hoxe a festividade do seu patrón San Martiño que tradicionalmente vai ligada á celebración dos magostos, unha cita do ciclo do outono no que son protagonistas as castañas, chourizos e viño novo. Milleiros de ourensáns saen nestes dias ao monte para cumplir co ritual e celebrar en torno ao lume esta festa de convivencia. O concello de Ourense pon o punto institucional tentando que o magosto chegue tamén a quenes este dia optan por quedarse na cidade. A banda de música municipal toca a mediodia na praza maior e xigantes e cabezudos percorren as ruas da zona vella. Ademais na catedral faise ofrenda ao patrón san martiño nunha misa presidida por Monseñor Lemos Montanet á que acuden alcalde e corporación. Xa pola tarde ás cinco na praza maior prenderase a gran fogueira e haberá un magosto popular organizado polo concello ao prezo simbélico dun euro e no que se repartirán ao prezo simbolico dun euro por racion,  800 kilos de castañas, 2000 bolos preñados e 400 litros de viño.