13/11/2024
Alumnado a prol da igualdade e do bo uso das novas tecnoloxías

Acollemos hoxe en Más de Uno Ourense un proxecto desenvolvido pola Federación de Anpas de Colexios Privados e Concertados de Ourense que ten como finalidade promover a igualdade e o bo uso das novas tecnoloxías.
De tal xeito, un grupo de 6 alumnos e alumnas do Colexio Maristas tiveron ocasión de preguntar sobre o particular ó subdelegado do goberno en Ourense, Eladio Santos, quen á súa vez tivo a ocasión de trasladarlles tamén a eles algunhas cuestións.


