Rally de Noia

Víctor Senra e David Vázquez fanse coa vicoria no Rally de Noia

A segunda cita do Campionato Galego de Rallyes, O Rallye Berberecho de Noia, deixou a Víctor Senra e David Vázquez como gañadores nunha cita na que o bo tempo foi a tónica do fin de semana tras unhas xornadas previas de choiva.

Óscar Gómez

Ourense | 17.04.2023 08:43

Víctor Senra e David Vázquez fanse coa vicoria no Rally de Noia
Víctor Senra e David Vázquez fanse coa vicoria no Rally de Noia | onda cero

Aos mandos do Citroën C3 WRC, Senra e Vázquez, que na primeira xornada remataron cun escaso marxe de 0,3 segundos sobre Alberto Meira e Avelino Martínez (que foron capaces de acadar o mellor crono no tramo urbano de Noia na noitiña do venres), fixeron valer a súa condicións de favoritos para ampliar con contundencia a súa renta durante todo o sábado, o que lles serviu para acadar o seu segundo triunfo do ano en outras tantas probas disputadas (fai 15 días impuxérone no Rallye A Coruña). O segundo lugar da clasificación, ao igual que sucedeu na cita inaugural en A Coruña, foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, cun Skoda Fabia R5 a 1:46.6 do vencedor da carreira disputada na provincia de A Coruña. Aínda así, foron os vencedores do Supercampionato R5 e da Pirelli Driver Autia Top Ten A. Francisco Dorado e Andrea Lamas, aos mandos do Volkswagen Polo R5, fixéronse co terceiro escalón do podio a 2:36.8 de Senra e Vázquez, co que acadaron uns importantes puntos de cara ao Campionato absoluto e ao Supercampionato R5 Recalvi, ademáis da Pirelli Driver Autia Top Ten A.

Remataron a proba en cuarto posto José Lamela e Néstor Casal, que superaron uns pequenos problemas mecánicos na primeira xornada para firmar un dos postos de honra e ademáis impoñerse na Gara N5 e na Pirelli Driver Autia Top Ten B. Lamela foi o protagonista dunha fermosa loita entre os N5 galegos, que rematou co do Skoda en primeiro lugar, seguido de Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera co Suzuki (quinto clasifcado) e do becado pola Federación Galega de Automobilismo, Alexis Vieitez con Cristian Álvarez, no Nissan, completando estes dous últimos o podio da Gara N5 e da Pirelli Driver Top Ten B no quinto e sexto lugar.

Na Pirelli Driver Top Ten C, novo triunfo para Manuel Souto e María Porta, no Citroën C2 R2 Max. David Rivas xunto a Diego Vázquez e Rubén López e Damián Outón, foron segundos e terceiros clasificados neste formato promocional.

Unha das copas máis emocionantes do Campionato Galego de Rallyes, a Pirelli AMF MS, tivo unha fin de semana de competición de alta intensidade. O abandono do primeiro vencedor do curso, Álvaro Pérez, abriu o abano de candidatos o triunfo final que se decantou finalmente para Dani Álvarez e Adrián Vázquez no posto máis altodo podio, seguidos de Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde e Juan Carlos Pampillón e Álex Alonso, respectivamente.

O Volante FGA tamén tivo novo vencedor. Joaquín Pérez con Adrián Muiz, estrearon os seu casilleiro de primeiros lugares este curso aos mandos do Peugeot 106. A continuación, Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey (lograron o seu segundo triunfo en dúas probas dentro da Promoción Xoven Piloto) e Brais García e Iván Suárez, nunha fermosa loita con Luis Miguel González e Óscar González. Daniel Anido e Adrián Núñez, primeiros líderes do certame, abandoaron nos compases iniciais da proba.