Deporte

Sportur Galicia reflicten o bo momento que vive o turismo deportivo en Galicia

700 escolares de 15 colexios da de Ourense cidade e contorna participaron na actividade “Xogando ao Atletismo” e nas máis de 50 propostas deportivas que ofrece Expourense.

Óscar Gómez

Ourense | 01.12.2023 07:54

Sportur Galicia reflicten o bo momento que vive o turismo deportivo en Galicia
Sportur Galicia reflicten o bo momento que vive o turismo deportivo en Galicia | onda cero

A aposta polo deporte como motivación turística e a análise do impacto económico que supón a organización de grandes eventos deportivos foron os fíos conductores da primeira xornada do IV Congreso Internacional sobre Turismo e Deporte que comezou en Expourense celebrándose de xeito paralelo e indisoluble con Sportur Galicia, o VI Salón do Deporte e Turismo Activo. Son dúas citas complementarias que reflicten o bo momento que tanto o deporte como o turismo deportivo viven en Galicia. Estes dous eventos abriron as portas en Expourense rexistrando un alto índice de participantes, xa que o congreso foi seguido por máis de 300 asistentes (presenciais e en liña) e nas actividades de Sportur Galicia participaron 700 escolares de Educación Primaria procedentes de 15 centros escolares de Ourense cidade e da súa área metropolitana.

Sportur Galicia reflicten o bo momento que vive o turismo deportivo en Galicia
Sportur Galicia reflicten o bo momento que vive o turismo deportivo en Galicia | onda cero

IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte

O IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte conta coa participación de 23 expertos que están a analizar o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino. O deporte está entre as tres principais motivacións dos turistas estranxeiros que visitan España o que é, sen dúbida, unha oportunidade para a diferenciación dos destinos e para o seu desenvolvemento económico. Destaca a participación como asistentes, prsenciais ou virtuais, do alumnado de Formación Profesional de Galicia de ciclos vencellados coa actividade deportiva, co tempo libre e a natureza ou con turismo de centros como A Farixa, Portovello, Carballeira, ou doutros procedentes de localidades como Poio ou Coristanco.

Tanto o congreso como Sportur Galicia foron inaugurados nun acto presidido polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón lete, quen indicou que “o deporte galego está que se sae” e fixo referencia a que Galicia ten agora máis eportistas de alto nivel ca nunca tendo o deporte base xa tamén garantizado. Deu o dato de que o 115 dos galegos conta con alomenos unha licencia federativa nalgún deporte, dos cales 135.000 son escolares con ideades entre os 6 e os 16 anos.

Lete estivo acompañado tamén neste acto polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel merelles, quen lembrou que a paisaxe é a primeira motivación pola que o turista elixe Galicia e que o deporte combina á perfecciçon coa oferta turística galega poñendo como exemplo ao binomio golf + termalismo e fixo refencia a que Galicia pode serguir “o camino do deporte” para seguir mantendo os seus datos récord de visitas que con 5.700.000 turistas ata novembro, xa supera os datos do 2022. Lete e Merelles estiveron acompañados polo vicepresidente da Deputación provincial de Ourense César Fernández; polo concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo de Expourense, Gabriel Alén. Todos eles coincidiron na necesidade da cooperación entre a administración autonómica, provincial e local para atrer grandes eventos deportivos que teñan un importante impacto económico n acidade como sucederá co Campionato de España Absoluto de Atletismo que se vai celebrar na pista de Exppourense entre o 16 o 18 de febreiro de 2024.

O congreso contou coa participación como relator do presidente da Federación Española de Baldminton (FESBA), Andoni Azurmendi, quen se reuiniu precisamente coas distintas administracións para propoñerlle a Ourense ser sede para o Campionato Europeo Master de Badminton en 2026. Na súa ponencia, que impartiu acompañado polo director da Área de Eventos da FESBA Alberto Prada Carazo, fixo referencia a que a categoría senior é a que máis turistas e máis ingresos xenera e que por cada 150.000 euros de investimento nun evento senior pode obterse un retorno de ata 600.000 como sucedeu no último Campionato Europeo de Badminton celebrado en España.

A organización de grandes eventos deportivos foi analizada hoxe por distintos relatores como Laia Talarn, responsable de comunicación da Real Federación Española de Hockey (RFEH); o director de Lee Valley Regional Park de Reino Unido (onde se celebraron algunhas das probas acuáticas dos Xogos Olímpicos de Londres 2012), Shaun Dawson; o director xeral da Fundación “Deporte Joven” do Consello Superior de Deportes, Félix Jordán de Urríes. Un dos grandes eventos deportivos dos que se falou neste congreso é o Mundial de Trail Canfranc Pirineos 2025 que converterá a esta localidade de Huesca no centro mundial de atletismo de montaña xa que se prevé a participación de 1.700 atletas de 70 países. Pola súa parte, o o CEO de B3 Sportainment, Finuco Martínez, indicou que na actualidade estanse a deseñar “os deportes olímpicos do futuro” e fixo referencia ao cambio de tendencia no deporte onde cada vez os deportes minoritarios o son menos porque son os que mellores resultados están obtendo nas olimpiadas e puxo como exemplo a Alberto Ginéz, primeiro ouro olímpico en escalada, un deporte que está deixando de ser minoritario e que ten unha gran proxección.

SPORTUR GALICIA

Os maís de 700 escolares de Primaria de 15 centros de Ourense e arredores que acudiron a Sportur Galicia pudieron participar activamente nas máis de 50 opcións que ofrece o programa so salón. Comezaron a xornada participando na campaña “Xogando ó Atletismo” promovida dende a Secretaría Xeral para o Deporte e coincidindo coa instalación da pista de atletismo cuberta instalada no recinto. Arrincaron cunha sesión de quecemento e un “flasmob” organizado polo alumnado o CIFP A Farixa que está a colaborar con Expourense na organización destas actividades para nenos e nenas. Aos 700 escolares desta mañá, hai que sumar os participantes das actividades que terán lugar esta tarde e que mobilizarán tamén a varios centos de persoas xa que se celebrarán varias exhibicións de clubes deportivos como é o caso do wushu, o Karate, o hockey herba, o fútbol ou a esgrima.

Sportur Galicia, VI Salón do Deporte e Turismo Activo convocou a medio cento de participantes entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia que comparten espazo con destinos de turismo activo e vencellados coa natureza de Galicia e Portugal. Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer as opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen expositores como o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a Cámara Municipal de Vizela, ou os concellos e Viveiro, A Pontenova, A Arnoia e O Pereiro de Aguiar ou os Xeodestinos de Carballiño-Ribeiro ou de Os Ancares e Terrás de Burón. Tamén se converte nun bo escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que máis da metade dos expositores son clubes e asociacións de distintos deportes que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.

Sportur Galicia está organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación Provincial de Ourense.