Ourense Provincia

Rematadas as obras da nova sede do distrito forestal de Verin

As instalacións abranguen unha superficie de 2.444 metros cadrados e albergan tamén unha nova Base de Unidade Operativa.

Óscar Gómez

Ourense | 23.01.2024 07:49

Rematadas as obras da nova sede do distrito forestal de Verin
Rematadas as obras da nova sede do distrito forestal de Verin | onda cero

Esta construción, que abrangue unha superficie de 2.444 metros cadrados, alberga tamén unha nova Base de Unidade Operativa (BUO), para que o persoal do servizo de prevención e extinción de incendios poida conciliar traballo e descanso. Así, a planta alta acolle a sede e o centro de coordinación; dende alí xestiónase a loita contra os incendios forestais a través do sistema de videovixilancia forestal implantado pola Consellería.

Na planta inferior localízase a nova BUO. Neste sentido, dotáronse as instalacións de todas as comodidades necesarias que puidera precisar o persoal do servizo. A base conta con zona de vestiarios, aseos, sala de exercicio, almacén e zona de lecer; así como espazos para gardar os vehículos todoterreo e as motobombas.

Ademais, acondicionouse unha zona da nave para usos administrativos, ampliando a zona de oficinas, que agora conta cunha sala de reunión e outra destinada á formación, en función das necesidades do servizo. Con todo, executáronse instalacións técnicas como climatización aerotérmica, sistemas de renovación de aire mediante recuperación de calor e sistemas de protección contra incendios.