Ourense Cidade

A reconstrución das Termas da Chavasquiera mais cerca

O Concello recibirá a mediados de outubro o proxecto final de reconstrución das Termas da Chavasqueira. O alcalde reuniuse no Concello cos promotores do centro termal, que agardan poder iniciar as obras en xaneiro.

Óscar Gómez

Ourense | 28.09.2022 08:50

avanza a reconstrución das Termas da Chavasqueira
avanza a reconstrución das Termas da Chavasqueira | La voz de galicia

O proxecto final de reconstrución das Termas da Chavasqueira entrará a mediados do mes de outubro no Concello. Así o avanzaron os promotores do centro termal nunha xuntanza que mantiveron esta mañá na Alcaldía co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañados do seu equipo técnico e xurídico, e de técnicos municipais.

A empresa xestora do centro termal confirmou que presentará o proxecto final de obra a mediados do mes de outubro no Concello de Ourense para solicitar a licenza que lles autorice a iniciar as obras para reconstruír o centro termal, logo do incendio do mes de abril de 2019. Se o proxecto cumpre cos requisitos necesarios, podería obter a licenza municipal no mes de novembro e comezar as obras en xaneiro de 2023.