Os socialistas reclaman "espazos indenpedentes para resolver conflictos" na Deputación de Ourense

O psoe pide a "reactivación" do Comité Ético da deputación ourensán

Os socialistas na Deputación de Ourense defenderán unha moción no pleno de Xuño para que se reactive de novo o Comité de Ëticas cuxos membros dimitiran hai dez anos

Jesús Álvarez

Ourense |

O psoe pide a "reactivación" do Comité Ético da deputación ourensán
O psoe pide a "reactivación" do Comité Ético da deputación ourensán | Onda Cero Ourense

O grupo provincial do Psoe na Deputación de Ourense solicitará no vindeiro pleno que se volva a configurar o "comité de ética" da institución case dez anos despóis de que os seus integrantes dimitiran trala denuncia por un presunto caso de acoso sexual contra o ex presidente popular Manuel Baltar. O voceiro socialista, Álvaro Vila afirmou que naquel momento no que demitiran os integrantes do comité de ética "non existía nen transparencia nen liberdade na institución" . Agora os socialistas consideran importante recuperalo "coma un órgano esencial para garantir transparencia, boa gobernanza e credibilidade institucional".

Para o voceiro do Psoe na deputación "reactivar o Comité Ético non é só un acto de responsabilidade política senón un compromiso co futuro de ourense, coa súa xente e coa súa dignidade democrática".

A iniciativa inclúe propostas para que se "restablezan mecanismo de control ético" e tamén plantexa que os integrantes sexan externos e froito dun "proceso de selección público".