Elecciones 12J

O Psoe incrementa o seu apoio en Ourense fronte ó PP

O PSdeG-PSOE de Ourense gana un escano no Parlamento de Galicia e incrementa o seu apoio en toda a provincia, continuando así a senda de crecemento iniciada nas eleccións xerais e municipais

Óscar Gómez

Ourense |

O PSdeG-PSOE de Ourense gana un escano no Parlamento de Galicia | Psoe ourense

O PSdeG-PSOE incrementa o seu apoio na provincia de Ourense tralo 12X, onde suma un novo escano no Parlamento de Galicia tras lograr un incremento dun 2 % de apoio en toda a provincia. Uns comicios nos que o PP de Baltar perde un escano e máis de 11.000 votos, sendo ademais a única forza política da provincia que non aumenta apoios. Istes feitos confirman a tendencia das eleccións xerais e municipais, sendo a terceira vez consecutiva na que os populares perden votos nas urnas e a terceira vez na que os socialistas suman novos apoios da veciñanza, tras ser a forza máis votada na cidade de Ourense nas locais e tras crecer destacadamente nas xerais ata prácticamente empatar cos conservadores.

O secretario de organización e segundo deputado electo dos socialistas ourensáns no Parlamento, Juan Carlos Francisco, aproveitou hoxe para trasladar a felicitación ao Partido Popular de Feijóo como “lexítimo gañador” e ao Bloque Nacionalista Galego polo seu “excelente resultado”. Fracisco destacou que os socialistas ourensáns tiveron un “resultado safistactorio” subindo un deputado máis con respecto ao 2016 –Marina Ortega, Juan Carlos Francisco e Carmen Rodríguez Dacosta– e “aumentando” en porcentaxe de votos. Este feito, contribuíu á “derrota do Partido Popular”, que pasou de 9 escanos a 8, e quen “nun prazo non moi longo de tempo será pasado”, sinalou Francisco, quen tamén “lamenta” que o acontecido en Ourense non acontecese no resto de provincias galegas.

O socialista comprometeuse á “defensa” da provincia “sendo propositivos”, destacando a necesidade de que “non se discrimine” a Ourense e traballando desde a “oposición para consolidar o proxecto socialista” que atende á demanda cidadá.O secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, puxo en valor o traballo dos candidatos e de todo o socialismo galego que posibilitou un resultado “moi digno” na provincia de Ourense na que se reflicte “claramente un cambio”. Villarino explicou que os socialistas veñen “aumentando voto” en todas eleccións, mentres o PP de Baltar leva perdidos 27.000 votos nas eleccións autonómicas -25% menos- desde que Manuel Baltar “herdou” o posto do seu pai, fronte a un PP de Galicia en aumento, o que marca o “cambio de tendencia cara o progreso” na nosa provincia. “Hai un cambio de tornas” e onde anteriormente se dicía que a provincia do “interior de Galicia” era quen mantiña ao Partido Popular agora é a “costa galega” onde teñen o apoio maioritario, mentres aiquí temos a un PP en “claro declive”, salientou o secretario, quen continuou asegurando que a pesares da “movilización intensiva” dos de Baltar para acudir as urnas, seguen “perdendo votos”.

O secretario tamén puxo en valor o “esforzó” dos ourensáns e das ourensás polo cambio, xa que “non hai outra provincia que se mantivese esta tendencia”, destacando que “somos a única provincia na que se subiu un deputado” e na que a “perda” dos populares é “inexorable”. Para finalizar, Villarino recórdoulle a Baltar que “o triunfalismo non ten sentido”, nin hai posibilidade de “tapar as súas eivas” dado que nin sequera gaña no voto urbán co apoio de Jácome. Villarino aproveitou para resaltar que para a provincia será un “golpe de aire fresco” facer que o “progresisimo” dos socialistas “lideren o cambio”. Desde o seo socialista estase a cambiar o “modo de política clientelar” na provincia e seguirase traballando para que “desapareza”. Un modelo que xa non se sostén nin sequera nos concellos onde a súa “perda é constante”, explicou.

Ademáis, destacou que estes resultados trasladan unha “mensaxe de esperanza” por parte da cidadanía e que van a seguir loitando para que a Deputación sexa “igualitaria e non discriminatoria” convertíndose nunha “provincia progresista”.

Pola súa banda, a cabeza de lista pola provincia, Marina Ortega, agradeceu o “traballo incansable e a labor” do candidato Gonzalo Caballero, defendendo ser unha persona “leal e vocacional” coa institución e coa esquerda. Así mesmo, salientou a “mellora dos resultados dos socialistas con respecto ao 2016” e aproveitou para “dar as grazas” ao apoio da cidadanía. Ortega explicou que desde o PSdeG “seguiremos loitando polo noso proxecto en positivo” e coa “vista posta” na provincia para contribuír a que se cumpran as demandas facendo posta en común. Rematou tendendo a man ao novo goberno da Xunta para que os galegos e as galegas saian adiante despois da complicada situación da COVID-19 e que xerou un “clima electoral difuso”.