Ourense Cidade

A Policía Local efectúa 26 denuncias esta fin de semana por incumprir as medidas sanitarias

Seguiranse a realizar controis nas diferentes zonas da cidade para verificar o cumprimento das medidas e restricións á normativa, informar das obrigas e denunciar as infraccións

Óscar Gómez

Ourense | 02.03.2021 08:08

A Policía Local efectúa 26 denuncias esta fin de semana por incumprir as medidas sanitarias
A Policía Local efectúa 26 denuncias esta fin de semana por incumprir as medidas sanitarias | La Voz de Galicia

A Policía Local de Ourense efectuou 26 denuncias esta fin de semana en relación ás novas medidas ditadas pola Xunta de Galicia nesta nova fase de desescalada, que se están aplicando desde o pasado venres e que ademais contempla un “Plan de Hostalaría Segura”. Establecéronse controis para comprobar o cumprimento das restricións, inspeccionáronse 46 establecementos de lecer da cidade (cafeterías, bares, etc..), denunciaronse os incumprimentos detectados e se informou os titulares da obrigatoriedade de dispoñer a partir do próximo venres, 5 de marzo, de dispositivos QR, carteis visibles indicativos da cabida concreta do local (tanto interior como exterior), así como o resto de pautas establecidas no Diario Oficial de Galicia para o interior.

En canto ás denuncias interpostas pola Policía Local esta fin de semana respecto a infraccións da normativa sanitaria, destacan:

  • Incumprimentos de restricións horario nocturno (toque de recollida): 15

  • Non usar máscara unha persoa de 6 ou máis anos: 7

  • Consumo de bebidas en vía pública “botellón”: 1

  • Incumprimentos en materia de terrazas ao aire libre: 2

  • Non inutilizar debidamente mesas e cadeiras para cumprir as distancias e cabidas en interior de local de hostalaría: 1

  • Total de denuncias: 26

A Policía Local proseguirá realizando controis nas diferentes zonas da cidade para verificar o cumprimento das medidas e restricións á normativa en locais, informando das obrigacións que entran en vigor o próximo 5 de marzo e procedendo a denunciar calquera tipo de infracción á Normativa Sanitaria.

1.300 denuncias desde outubro

Desde o pasado mes de outubro, cando a Xunta de Galicia estableceu medidas de prevención específicas para controlar a evolución epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Galega, a Policía Local de Ourense estableceu diferentes controis policiais específicos (peches perimetrais, restricións horarias a comercio e hostalaría, restricións de cabidas, peche de Hostalería, conviventes, etc.), dando como resultado o seguinte balance de denuncias:

  • Incumprimentos restricións horario nocturno (Toque de recollida): 535

  • Reunión de persoas en número superior ao permitido: 153

  • Reunión de non conviventes: 74

  • Non usar máscara persoa de 6 ou máis anos: 166

  • Realizar desprazamentos sen causa xustificada fóra do ámbito territorial: 143

  • Non respectar a obrigación de manter a distancia de seguridade: 91

  • Incumprimentos en terrazas ao aire libre: 45

  • Consumo en interior de bares/cafeterías: 12

  • Exceso de cabida en interior local: 2

  • Non respectar a obrigación de exercer unicamente para entrega en domicilio ou para entrega en establecemento e consumo en domicilio: 1

  • Consumo de tabaco ou outros sen manter distancia: 7

  • Non respectar a obrigación de peche temporal de actividade: 11

  • Consumo de bebidas na vía pública “botellón”: 49

  • Consumo de bebidas en movemento: 1

  • Non respectar horarios de peche en locais de hostalería: 5

  • Non inutilizar as mesas e cadeiras necesarias para o cumprimento de cabidas en interior de local de hostalería: 1

  • Total denuncias: 1.296

A inmensa maioría das denuncias foron por incumprimentos do “toque de recollida”, tanto no seu horario inicial das 23.00 horas coma no posterior das 22:00, así como non usar máscara ou o desprazamento sen causa xustificada fóra do ámbito territorial cando se implantaron os peches perimetrais.

Estas denuncias teñen que ver, sobre todo, coa falta de responsabilidade persoal máis que por infraccións de establecementos, destaca a Policía Local, polo que se apela á responsabilidade individual para poder frear a evolución do COVID-19 e recobrar así, canto antes, a normalidade.