Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 107 dispositivos en 38 concellos galegos nos que foron tramitadas 78 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 370 persoas identificadas.
Entre o 19 e o 21 de febreiro, os axentes realizaron na provincia da Coruña 26 dispositivos nos concellos de Ames, A Coruña, Muros, Porto do Son e Santiago de Compostela, cun total de 5 denuncias e 5 identificacións.
Na provincia de Lugo tramitáronse 20 denuncias e identificáronse 99 persoas en 19 dispositivos levados a cabo nos concellos de Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Navia de Suarna, Rábade, Vilalba e Xermade.
En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 21 dispositivos que deron como resultado un total de 56 identificacións e 16 denuncias en O Carballiño, Coles, Esgos, Laza, Ourense, Toén e Verín.
E na provincia de Pontevedra, nos 41 dispositivos realizados en Barro, Catoira, Marín, Meis, Moaña, Nigrán, Oia, Poio, Pontevedra, O Porriño, Sanxenxo, Silleda, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa rexistráronse 37 denuncias e identificouse a 210 persoas.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.