Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade, Sandra Quintas, asinaron O convenio de colaboración técnica e económica para a elaboración e tramitación dun documento técnico completo de ordenación e deseño de infraestruturas que permita que o Concello poida transformar a cualificación urbanística na que está previsto construír o futuro equipamento termal.
Deste xeito, a Xunta destinará preto de 20.000 euros, distribuídos en tres anualidades, para a redacción do plan que permitirá avanzar no proxecto que pretende converter a este concello ourensán nun referente de turismo termal.
Nesa liña, a vicepresidenta segunda, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, subliñou que con iniciativas como a asinada hoxe o Goberno galego demostra a súa aposta polos pequenos concellos colaborando cos coas administracións locais para avanzar cara a un desenvolvemento sostible e á fixación da poboación no rural.
Compromiso co fermosismo
Nesa liña de incentivar o desenvolvemento de iniciativas que poidan supoñer melloras económicas, sociais e medioambientais, a vicepresidenta segunda visitou tamén o concello de Lobios, ao que cualificou como “paradigma” da promoción do fermosismo.
Ángeles Vázquez puxo en valor o compromiso deste municipio con esta iniciativa como proba o feito de que nos últimos tres anos recibiron axudas por un importe global de preto de 280.000 euros para corrixir impactos paisaxísticos tanto por parte da veciñanza -89 axudas concedidas- como do propio Concello. Cómpre salientar que esta aposta pola protección e o coidado da paisaxe abrangue unha gran parte do territorio municipal con actuacións desenvolvidas nas contornas dos lugares de Puxedo, Portaxe, Requeixo e Silvares.
A vicepresidenta segunda engadiu que, dada a boa acollida desta iniciativa nos últimos anos, o orzamento do seu departamento para 2024 destina 2 millóns de euros a unha nova convocatoria destas axudas para corrixir impactos paisaxísticos tanto por parte de particulares como de administracións locais.