Economía

O peor decembro en 10 anos para os autónomos

Son os peores datos desde a crise financeira, e contrastan co aumento dos afiliados de RETA ao longo de 2021, no que creceu en máis de 56.000 afiliados.

Óscar Gómez

Ourense | 05.01.2023 08:17

Galicia perde 40 autónomos cada día en Xaneiro
O peor decembro en 10 anos para os autónomos | Cámara de Comercio

Se facemos a comparación por mes, en novembro perdéronse 2.801 Autónomos; en decembro perdéronse 946. Tendo en conta que o segundo trimestre do ano foi bastante bo en datos de afiliación, cómpre concluír que o segundo semestre foi tráxico para o autoemprego en España.

Por sectores, o comercio continúa a súa agonía camiño da desaparición, ao perder 18.889 afiliados; a hostalería perde 3.214 activos, a agricultura, 2.843 e a industria manufacturera perde 2.576 Autónomos. Pola contra, a afiliación na construción aumentou con 3.999 Autónomos máis, as actividades profesionais e científicas con 7.064 máis, as actividades sanitarias e de servizos sociais con 4.531 máis, e as actividades artísticas e de entretemento, con 3.300 Autónomos máis. Por comunidades autónomas, en 12 producíronse perdas de Autónomos e só cinco manteñen un certo crecemento: Andalucía, Canarias, Baleares, Comunidade Valenciana e Comunidade de Madrid.

cada día de 2.022, Galicia perdeu máis de 7 Autónomos.

Galicia, en 2022 perde 2.584 afiliados a RETA (máis da metade, no sector do comercio). Dende o mes de xuño, no que, tras a recuperación do segundo trimestre, chegamos aos 208.428 Autónomos, fomos perdendo afiliados cada mes. Así, en decembro pérdense 278 Autónomos (9 Autónomos menos cada día), pechando o ano cunha cifra moi pobre de 206.225 Autónomos, o mínimo da serie histórica.

A Coruña segue liderando o número de Autónomos en Galicia, con 84.132 a finais de ano, seguida de Pontevedra, con 67.263; Lugo continúa, con 32.073 afiliados e Ourense pecha, xa moi por debaixo dos 23.000, a finais de decembro con 22.797 Autónomos, cada día de 2.022, Galicia perdeu máis de 7 Autónomos.