Cultura

Moncho Borrajo presentará o sábado, 23 de setembro no Auditorio o seu novo espectáculo “50+1”

Este é un show de 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final dos que só Moncho Borrajo sabe facer. As entradas están á venda na páxina web de ataquilla.com.

Óscar Gómez

Ourense | 12.09.2023 08:47

Moncho Borrajo presentará o sábado, 23 de setembro no Auditorio o seu novo espectáculo “50+1”
Moncho Borrajo presentará o sábado, 23 de setembro no Auditorio o seu novo espectáculo “50+1” | onda cero

O humorista ourensán Moncho Borrajo presentará o seu novo espectáculo “50+1” no Auditorio Municipal de Ourense o sábado, 23 de setembro ás 20.30 horas. Este é un show de 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final dos que só Moncho Borrajo sabe facer. As entradas están á venda na páxina web de ataquilla.com. Un día antes, o Auditorio Municipal acollerá un concerto da Banda de Música Militar da Coruña e da banda de cornetas, tambores e gaitas da Brigada Galicia, no marco das actividades que organizan o Ministerio de Defensa e o Concello en homenaxe ao rexemento Zamora número 8. Entre estas, tamén se inclúe unha xura de bandeira na Praza da Biblioteca Nós, o sábado, 23.

A programación do Auditorio continuará o domingo, 24, co musical Disney Rock, un divertido e orixinal espectáculo protagonizado polas personaxes dos contos tradicionais, con versións de cancións típicas dos clásicos do pop e do rock desde os anos 80 até a actualidade (entradas en www.lagranentrada.com).

Do 29 ao 8 de outubro, o auditorio acollerá o Festival de Cine de Ourense e, o 2 de outubro, os actos do Día da Policía Nacional. O sábado, 14 ás 19.00 h, será a quenda de “Harry Potter. O musical”, un espectáculo tributo ao popular personaxe das novelas de J K. Rowling, e ás películas que nelas se inspiraron, cos mellores efectos especiais e decorados, 25 personaxes en escena e música en directo para deleitar o público de todas as idades (enterticket.es).

O domingo, 15, ás 18.30 h, acollerá a Gran Gala Internacional de Maxia Galicia ilusiona, cos mellores e máis premiados ilusionistas do momento: Miguel Muñoz (España), Paul Ponce (Arxentina), Dania Díaz (Venezuela), Amadeo Edama (España) e Gerald Lee Guilloux (Francia) (entradas en ataquilla.com). A seguinte cita será o sábado, 21 de outubro, coa homenaxe a Michael Jackson Michael´s Legacy, creado pola compañía Jackson Dance Company. (Entradas en cooltickets.es).