Atletismo

Laura Santos, El Mehdi El Nabaoui e C.A.Sada, acaparan os títulos galegos

Destácase os sete triunfos obtidos polos atletas do Club Atletismo Sar así como o récord galego de Elvira Tresguerras do C.A.Sar na categoría Máster70 cun rexistro de 1h.12:29

Óscar Gómez

Ourense | 25.10.2022 08:53

Laura Santos, El Mehdi El Nabaoui e C.A.Sada, acaparan os títulos galegos da fin de semana
Laura Santos, El Mehdi El Nabaoui e C.A.Sada, acaparan os títulos galegos da fin de semana | onda cero

Laura Santos do Lucus Caixa Rural cun bo rexistro de 34:27 e El Mehdi El Nabaoui do Oriente Atletismo con 31:27, proclamáronse campións de Galicia Absolutos na edición autonómica dos 10K organizada esta fin de semana no Concello de Ames.

Nun día con moita choiva e climatoloxía adversa, clumplíronse os prognósticos con triunfos claros para os gañadores que estiveron acompañados no podio pola internacional Sandra Mosquera do Comesaña con 37:53 e por Isabel Caeiro do Gimnástica de Pontevedra con 38:55. No tocante á categoría masculina, o subcampionato foi parar ao lucense do Lucus Esteban Vila con 31:48 sendo o bronce para Anxo Castro do Vicky Foods con 31:58.

No resto de categorías as gañadoras e gañadores foron:

Absoluto. Laura Santos (Lucus Caixa Riral) e El Mehdi El Nabaoui (Oriente At.)

Sub23. Alba Pérez ( C.A.Negreira) e El Mehdi El Nabaoui (Oriente At.)

Sub20. Isabel Caeiro (S.Gimnástica) Yago I.García (Santiago At.)

Máster35. Victorina Losada (Ourense At.) e Rubén Caamaño (C.A.Sar)

Master40. Rocío Alvite (C.A.Sar) Rubén Diz (Ourense At.)

Máster45. Raquel Ramos (A.D.Olimpia) e Alejandro Pesado (C.A.Sar)

Máster50. Mª Aurora González (C.D.Pinarium) e Manuel Oliver (C.A.Sar)

Máster55. Manuela Rodríguez (CD La Purísima) e Manuel Suárez (C.A.Sar)

Máster60. Luz Mª Domínguez (Burgas Ou.) Manuel Suárez (Vet.Samil)

Máster65. Ramiro Pérez (C.A.Sar)

Máster70. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) e Xosé L.Otero (C.A.Santiago)

Máster75. Manuel Míllara (Comesaña SC)

Copa de Galicia de Clubs máster

O sábado día 22 as pistas do CGTD de Pontevedra deron acollida á disputa da IV Copa Xunta de Galicia de Clubs máster que tivo na formación do Club Atletismo Sada o triunfador en ambas categorías. A entidade das Mariñas, que partía como clara favorita, domiñou esta cuarta edición que situaba de igual modo ao Atletismo Narón en mulleres e homes, na segunda posición desta Copa máster. Completaba o podio na categoría masculina o Club Atletismo Santiago sendo a cuarta posición para a S.D. Compostela.

A nivel individual destacamos os catro récords de Galicia logrados por Laureano Martínez do C.A. Sada nos 400 v. da M55 con 1:05.04; os 2.80 m. na pértega de Xulio Ventín da Gimnástica na M60; os 24:39.51 de Eliseo García do C.A.Sada nos 3.000 marcha M50 e os 17:15.49 de Manuel Treus do Atletimo Santiago nos 3.000 marcha M55.

Excelentes campionatos de España Sub16 de Narón e A Silva así como do atletismo máster nos 5K

Un total de dous ouros e unha prata foi o balance logrado polas atletas galegas e galegos máster durante o transcurso do Campionato de España de 5K desenvolto esta fin de semana na localidade madrileña de Pinto. Os títulos corresponderon a Esther Pedrosa quen cumplindo o claro papel de favorita, impúxose na categoría F60 cun rexistro de 20:22. Pola súa banda o atleta do Samertolameu Pablo Fervenza, tamén foi quen de facer boas as predicións ao lograr o título nacional na categoría M70 cun tempo oficial de 20:39.

A última das medallas foi parar para Begoña de Arriba do Egobarros de Viveiro, a cal remataba no segundo lugar na categoría F70 cun crono de 28:03. Foron destacados igualmente os postos de finalistas logrados por Angeles Ripoll do C.A.Sada na F60, de Amador Pena da S.D. Compostela na M40 así como de Elena Ledo do ADAS-Cupa na categoría F40.

Bo papel das nosas Sub16 na final B1 do Nacional por clubs.

Por outra banda, os equipos Sub16 femininos do Atletismo Narón e da Atlética A Silva, tomaban parte esta fin de semana en Cantabria na final B1 do Campionato de España de clubs no que lograron excelentes resultados tanto no individual como no colectivo.

As Sub16 do Atletismo Narón facían un excelente encontro o que lles permitou lograr por equipos a terceira posición con triunfo no individual para Antía Otero en xavelina. A maiores lograron posto de podio Irene Serantes nos 300 m.; Celia Puente en triplo; Carmen Reija en altura; Andrea Díaz nos 3.000 m.; Daniela García en peso; Noa Romero en disco; Arianna Muñoz en martelo e o equipo de relevos dos 4x100.

Pola súa banda, non menos excelente resultou o quinto lugar do equipo de A Silva quen competindo con atletas do Vila de Cangas, tivo as súas mellores actuacións nas mans das irmáns Debris e Demeke Paniagua nos 600 m. e 1000 m. respectivamente; de Eva Formoso nos 3.000 m.; María Estéves nos 1.500 Obstáculos; Alba Eijo en pértega; Nerea Martínez en lonxitude; Alba García en martelo; Lara Liste en xavelina e Icia Ares en 3.000 marcha.