Cooperación

A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense

Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Inorde, está promovida por Filipe Gaivão, quen trala pandemia decidiu embarcarse de novo na súa bicicleta para dar visibilidade a diferentes causas humanitarias como o leva a facer desde o ano 2014.

Óscar Gómez

Ourense | 17.07.2023 07:51

A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense
A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense | onda cero

A iniciativa solidaria "Pedalear por el Párkinson - Young Parkies Portugal" chegou hoxe a Ourense. Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Inorde, está promovida por Filipe Gaivão, quen trala pandemia decidiu embarcarse de novo na súa bicicleta para dar visibilidade a diferentes causas humanitarias como o leva a facer desde o ano 2014. Nesta ocasión, decidiu organizar unha viaxe desde Londres a Lisboa, en apoio a Young Parkies Portugal, con paradas en diferentes cidades, para amosar o seu apoio a este enfermidade.

A viaxe comezou en Londres porque o farmacéutico inglés James Parkinson, foi o primeiro en describir a “parálise temblorosa”, no seu ensaio de 1817, unha afección que máis tarde pasou a chamarse Párkinson. Por elo, desprazáronse ata Londres para emprender esta viaxe ata Lisboa pasando por varias asociacións que apoian a enfermidade en Inglaterra, Francia, España e Portugal. Mañá emprenderán unha nova etapa desta viaxe desde Ourense a Vila Nova de Cerveira, e está previsto que cheguen a Lisboa o día 20 de xullo, despois de realizar 2.250 km en 17 días. A chegada que será retransmitida en directo nun programa de televisión de TVI.

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa progresiva que se caracteriza por síntomas motores (coñecidos colectivamente como parkinsonismo) e síntomas non motores como trastorno do sono, depresión, hipotensión arterial... entre outros. Os síntomas varían en cada persoa, pero o párkinson é a enfermidade dexenerativa que máis aumentou nas últimas dúas décadas.