Ourense Provincia

Gabriel Alén destaca a labor da asociación Maria Andrea

O delegado territorial subliñou, a importancia de brindar a este grupo de mulleres orientación e atención psicosocial para asegurar a súa integracións social e, no caso das máis novas, acompañalas mediante a orientación laboral e outras actuación que favorezan a súa empregabilidade.

Óscar Gómez

Ourense | 12.01.2023 08:47

Gabriel Alén destaca a labor da asociación Maria Andrea
Gabriel Alén destaca a labor da asociación Maria Andrea | onda cero

A entidade desenvolve co apoio da Xunta desde hai seis anos o programa Apoiando na Soidade dirixido a mulleres maiores ou viúvas con escasos recursos e/ou problemas de saúde ou cargas familiares non compartidas.

O delegado territorial puxo en valor este programa da asociación ourensá que brinda atención social, laboral e apoio en xeral a mulleres en risco de exclusión social, en especial as de maior idade, viúvas con escasos recursos, con problemas de saúde e/ou con responsabilidades familiares non compartidas.

Gabriel Alén subliñou, a importancia de brindar a este grupo de mulleres orientación e atención psicosocial para asegurar a súa integracións social e, no caso das máis novas, acompañalas mediante a orientación laboral e outras actuación que favorezan a súa empregabilidade.

No caso das mulleres maiores, promocionar a autonomía das que viven soas resulta fundamental, a xuízo de Gabriel Alén, para previr perdas de funcións psicomotrices ou cerebrais e prestar o apoio necesario en situacións de dependencia. Non menos importante é para a secretaria xeral, o apoio emocional e de socialización que precisan as mulleres en especial risco de exclusión. O programa recibiu en 2021 24.115 euros (máis de 93.000 desde 2016) de apoio da Xunta, o que permitiu chegar a 28 mulleres, 15 delas mediante atención continuada no tempo.

A Asociación Viúvas María Andrea resultou beneficiaria tamén desde 2016 cerca de 40.000 euros da liña destinada ao fomento do asociacionismo e a participación das mulleres. Estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

Así mesmo, recibiron da Consellería de Política Social 19.000€ a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF de 2020 para obras menores de reforma do local; 17.000€ a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF de 2021 para un programa de envellecemento saudable con sesións de ximnasia de mantemento, pilates, estimulación congnitiva, etc. para previr o deterioro físico e cognitivo, e pequenas axudas para programas de voluntariado: a 1.500€ en 2019 e 1.000€ en 2020.

A Xunta considera necesario contribuír a dinamizar as asociacións de mulleres para potenciar a súa capacidade de chegar ás mulleres da súa contorna como elemento clave para avanzar na igualdade real e efectiva.

A asociación

A Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense é unha das doce entidades que en Galicia forma parte da Federación Galega de Viúvas, cuxa presidenta e Dona Aurora Carro, á súa vez presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo. Esta organización naceu en Ourense no ano 1984 coa finalidade de loitar e defender os dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos, preocupándose non só pola plena igualdade senón tamén pola súa completa integración social.

Desde o ano 2016, ao abeiro dunha das ordes de axudas das que resulta beneficiada, a Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense desenvolve o programa Apoiando na soidade, a través de que poñen a dispor de quen o precise servizos de atención psicolóxica, atención social e orientación laboral. As beneficiarias son mulleres en situación de vulnerabilidade: maiores ou viúvas, migrantes, mulleres con responsabilidades familiares non compartidas, etc.