Ourense Provincia

O Folión de Manzaneda ilustrado nas caixas de leite de Feiraco

Ilustradoras e ilustradores emerxentes galegos plasman a súa visión particular de diferentes Entroidos nas caixas de leite de Feiraco, nesta ocasión quere homenaxear ao Folión de Manzaneda, aos Xenerais do Ulla e ao Entroido de Cobres.

Óscar Gómez

Ourense | 06.02.2023 11:50

O Folión de Manzaneda ilustrado nas caixas de leite de Feiraco
O Folión de Manzaneda ilustrado nas caixas de leite de Feiraco | onda cero

Co lema “Entroidos tan galegos coma nós”, as caixas de leite da empresa levan nestas datas unha imaxe moi particular, a de Entroidos singulares da nosa xeografía: o Folión de Manzaneda, os Xenerais do Ulla e o Entroido de Cobres. “Son tantos os `Entroidos´ que existen na nosa terra que quixemos facer unha representación de tres deles a través da visión de ilustradoras e ilustradores emerxentes galegos” -sinalan-. Feiraco segue así fiel ao seu compromiso coa cultura de Galicia, contribuíndo á súa difusión, e nesta ocasión apoiando ademais a artistas novos da comunidade, convertendo en lenzos as caixas de leite.

O Folión de Manzaneda

As caixas de leite enteiro están dedicadas ao Foilón tradicional do Entroido de Manzaneda (Ourense). O son do folión, cos bombos, tambores, chocas e utensilios de labranza metálicos, enche todos os recunchos da localidade ourensá durante este peculiar pasarrúas, coa Mázcara como personaxe principal. Levan os seus característicos gorros con cintas de cores, destacando os seus saltos e danzas de orixe arcaico.

O ilustrador e deseñador gráfico Bernardo Paz (Ribeira, 1984) realizou unha proposta que transmite moito ritmo e musicalidade. “Esta experiencia permitiume afondar no folclore galego, nas tradicións que descoñecemos e neste Entroido en particular, do que me chamou a atención que é unha actividade social que reúne a todo o pobo, todo o mundo sae á rúa a agardar pola máscara, todos interactúan. Tratei de recoller esta idea do pobo en alerta, o estrondo dos tambores e das trompetas. Foi un proceso moi gratificante e unha magnífica plataforma para dar a coñecer o noso traballo a un público moi diverso” -remarca-.

Sorteo en Instagram

Durante a campaña sortearanse vasiños para levar, ilustrados tamén coas imaxes destes Entroidos realizadas polos tres artistas. Para conseguir un destes agasallos, cómpre subir a Instagram unha fotografía coa caixa que máis lles guste a cada un, etiquetar a [[LINK:EXTERNO|||@feiracolacteos |||@feiracolacteos ]]e engadir o cancelo #entroidofeiraco. Así, todos os participantes entrarán nun sorteo.