Ourense Cidade

As Festas de Ourense 2023 rematan cun balance moi positivo

“Conseguimos xerar a inercia de que en Ourense, saíndo aos eventos, desfrutas”, asegura o alcalde, Gonzalo Jácome.

Óscar Gómez

Ourense | 27.06.2023 08:45

O Psoe critida a falta de variedade cultural e actividades nas festas de Ourense
As Festas de Ourense 2023 rematan cun balance moi positivo | La Voz de Galicia

As Festas de Ourense 2023 rematan cun balance moi positivo para o goberno municipal, que destaca a grande participación do público nas diferentes actividades programadas ao longo destes cinco días de celebracións. "As festas foron un éxito”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen manifestou que con este novo formato “compacto” e “sincronizadas” coa fin do curso escolar, as festas da cidade “estanse consolidando, cunha grande aceptación e moitísima xente na rúa”.

Festa da Mocidade, fogos artificiais, orquestras e concertos foron algunhas das citas máis destacadas da programación deseñada polo Concello, que contaron cunha participación masiva. O alcalde subliña que “sobre todo, conseguimos xerar a inercia de que en Ourense saíndo a certos eventos, desfrutas. Arrincamos a inercia na cidade de saír á rúa. Os eventos que facemos sempre están cheos de xente porque se arrincou unha inercia que outrora non había”.

A próxima cita do calendario na cidade serán as Festas da Ponte, que un ano máis celebraranse no mes de xullo.