Ourense Cidade

O Concello celebrará a semana do 25N con diversas actividades

O alcalde e a concelleira de Igualdade presentan a programación do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que ten como lema Encarar TODAS as formas de violencia de xénero

Óscar Gómez

Ourense | 20.11.2023 08:05

O Concello celebrará a semana do 25N con diversas actividades
O Concello celebrará a semana do 25N con diversas actividades | onda cero

A programación de actividades de celebración do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Co lema Encarar TODAS as formas de violencia de xénero, a Concellería de Igualdade desenvolverá diferentes propostas, como Escape Room e contacontos para alumnado de Primaria e Secundaria, unha exposición fotográfica e un curso de autodefensa. O venres, 24, ás 12.00 horas, no salón de plenos, terá lugar o acto institucional desta conmemoración e, ás 12.45 h, inaugurarase unha campaña de concienciación contra as violencias machistas, que se levará a cabo en diferentes pasos peonís da cidade.

Días 20, 21 e 22 de novembro.

Escape Room contra a Violencia de Xénero: Rexeita o maltrato, nos IES Ferro Couselo, O Couto e Prieto Nespereira. Dinamiza: Territorio Comanche

21 e 22 de novembro.

Contacontos Sen medo nos colexios As Mercedes, A Purísima, Concepción Arenal e Cardeal Cisneros

24 de novembro.

Acto institucional do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, ás 12.00 h no salón de plenos do Concello

Inauguración da campaña de concienciación contra as violencias machistas, que se levará a cabo en pasos peonís da cidade (comezando ás 12.45 h na rúa Concello)

Exposición de fotografía: Inmarcesibles. Ideación: Patricia González e Ana de la Torre. Fotografía: María Fernández, no Espazo Xove. Até o 15 de xaneiro.

27 de novembro

Curso de autodefensa para mulleres, no pavillón polideportivo do CEIP Mestre Vide. De 18 a 20.00 h. Inscricións na Concellería de Igualdade (rúa do Ensino, número 24 ou a través do correo electrónico concelleriamuller@ourense.es. Colabora CEIP Mestre Vide

As actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade coa subvención do Goberno de España, a través do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Colaboran o CEIP Mestre Vide e o Concello de Sober.