O encontro ao que os afeccionados ao fútbol poderán entrar sen coste, será este mesmo venres ás 21:00 coa visita do Cáceres Patrimonio de la Humanidad e ditos afeccionados sóamente terán que persoarse nas oficinas do COB no Pazo co seu carné da UD Ourense. Con isto, entregaráselle a correspondente entrada.
Con este acordo recíproco, os duas afeccionados poderán ir a un encontro de fútbol que se dispute no Couto ao longo da tempada nunha data que se determinará nas vindeiras semanas. Para o COB é unha honra voltar a chegar a este acordo e seguir tecendo lazos cos equipos da cidade!