Cooperación

Os clientes de Gadis aportan 168.300 Quilos de alimentos na campaña "La Gran Recogida"

A cadea de supermercados agradece a xenerosidade que mostraron os seus clientes, a implicación do equipo humano e o labor dos voluntarios na campaña promovida pola Federación Española de Bancos de Alimentos FESBAL.

Óscar Gómez

Ourense | 07.12.2023 08:08

Os clientes de Gadis aportan 168.300 Quilos de alimentos na campaña "La Gran Recogida"
Os clientes de Gadis aportan 168.300 Quilos de alimentos na campaña "La Gran Recogida" | onda cero

Supermercados Gadis entrega 168.300 quilos de produtos de alimentación non perecedoiros, de droguería e hixiene, e 97.748 € a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Unha axuda que é posible grazas á solidariedade mostrada, unha vez máis, polos seus clientes durante a campaña “La Gran Recogida”, que se levou a cabo en todos os seus puntos de venda os pasados días 24 e 25 de novembro.

A cadea quere poñer en valor o xesto altruísta dos seus clientes, ademais da implicación dos seus traballadores, así como a participación dos voluntarios durante o desenvolvemento desta iniciativa solidaria que emprende cada ano por estas datas a Federación Española do Banco de Alimentos FESBAL en toda España.

Aliviar a situación das persoas e colectivos máis vulnerables é o motivo polo que Gadis súmase de forma ininterrompida desde o 2014 a esta iniciativa solidaria, que este ano se convocou baixo o lema Alimenta una vida mejor.

Co Nadal moi próximo, Supermercados Gadis distribuirá esta axuda entre os 11 bancos de alimentos cos que mantén unha colaboración estreita: Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Estas entidades, á súa vez, repartirano entre as asociacións e ONG ás que prestan asistencia no día a día e que atenden a máis de 30.000 familias con recursos escasos, tanto de Galicia como de Castela e León, as dúas comunidades nas que está implantada.

Gadis, coas persoas

A proximidade é un dos sinais de identidade de Supermercados Gadis, que traslada tamén ao seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, coa solidariedade como un dos seus eixos prioritarios para estar sempre á beira das persoas, principalmente das que atravesan situacións vulnerables.