Industria

O BNG demanda medias para mellorar os principais parques industriais de Ourense

Bernardo Varela “para o BNG é fundamental a defensa do sector industrial da provincia de Ourense”

Óscar Gómez

Ourense | 19.12.2023 07:55

O BNG demanda medias para mellorar os principais parques industriais de Ourense
O BNG demanda medias para mellorar os principais parques industriais de Ourense | onda cero

Os principais polígonos de Ourense teñen evolucionados desde a súa creación até hoxe e teñense quedado cativos e cuns sevizos deficitarios. “Para nos é fundamental a defensa do sector industrial da provincia de Ourense, entendemos ademais que o sector industrial é ademais o que ten traballo de calidade e esa forza de traballo sempre é quen mellores salarios ten, e que grazas as diferentes loitas sociais son os que teñen mellores perspectivas sociolaborais” sinalou o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela.

Desde o BNG demandan a necesidade unha nova depuradora de augas residuais. “A actual foi deseñada en 1997 para un escenario que en nada se parece ao actual”. A problemática fundamental ven dada polos vertidos recorrentes ao rio Barbaña e que teñen suposto importantes sancións aos concellos nos que se ubican estes parques empresariais. Polo tanto faise precisa a dotación do orzamento necesario para a execución do proxecto, inicialmente de 30 M€, e que comprirá reevaluar tras coñecerse a pedida da metade dos fondos procedentes de Europa pola imposibilidade de iniciar as obras antes de finalizar o ano.

Como segunda proposta, os nacionalistas trasladan a necesidade de ampliación de oferta de espazo empresarial no de San Cibrao (aprox 400.000 m2) e Pereiro de Aguiar (aprox 200.000 m2), e novo espazo (aprox 1,1 Mm2) no concello de Paderne de Allariz. Conexión viaria entre parques, que conecte a cidade transporte, a zona leste e sur. É dicir, remate da conexión da VG-3.1 coa OU- 101.

Desde o Bloque tamén reclaman unha estación ferroviaria de mercadorías. Considerado un proxecto estratéxico que non só suporía unha importante mellora para as empresas existentes e futuras, senón tamén un importante aforro enerxético e económico, diminución de tráfico pesado e polo tanto de accidentes, e por suposto, menores custes de mantemento da rede viaria. E sobre todo, porque coa creación da estación ferroviaria de mercadorías en San Cibrao das Viñas liberaría boa parte das vías que hai en Ourense, cen mil metros cadrados que quedarían liberados e que suporían un antes e un despois para a ordenación da propia cidade de Ourense.

E unha vez se dé o pistoletazo final á variante do AVE, engade o voceir nacionalista, poñer en marcha un plan de Transporte Metropolitano, que inclúa liña de “metro en superficie” entre as estacións de Empalme e San Francisco co polígono San Cibrao, que conecte a cidade e concellos limítrofes cos polígonos empresariais co duplo obxectivo de dar servizo, fundamentalmente ás persoas que alí traballan e ao mesmo tempo contribuír á diminución do tráfico de vehículos privados, coa correspondente mellora medioambiental.

Outra das medidas sería a elaboración e desenvolvemento dun proxecto de remodelación, mantemento e acondicionamento básico de viais e canalizacións. “Existe xa unha memoria elaborada polo propio parque empresarial que cuantifica en 14 M€ as mínimas e necesarias reformas”

Como último punto, o grupo provincial do BNG propón a Creación dunha Mesa de Traballo entre as distintas administracións e actores implicados, empresariado e organizacións sindicais, co obxectivo de facer un seguimento da posta en marcha das actuacións propostas. Con esta mesa de traballo quedaría garantido, di Varela, que se sentarían cara a cara administración xeral do Estado, por outra parte Xunta de Galiza e por outra parte os propios concellos onde están radicados os parques, Deputación e os representantes dos parque empresariais e organizacións sindicais