Atletismo

O atletismo galego feminino marca o ritmo

A día de hoxe, un total de vintesete atletas da nosa comunidade son quenes están ocupando un dos postos importantes Top-10 das distancias olímpicas no ránking de España absoluto permanente.

Óscar Gómez

Ourense |

O atletismo galego feminino marca o ritmo
O atletismo galego feminino marca o ritmo | onda cero

Compre salientar que ao fronte desta lista, sitúanse tres galegas (Julia Vaquero, Belén Toimil e Ana Peleteiro) quenes posúen na actualidade a plusmarca nacional nas súas respectivas modalidades. De igual modo é moi salientable que no total de atletas na zona de Top3, dez correspondan á categoría femenina por tan só un da categoría masculina o que pon de manifesto a gran relevancia e calidade do atletismo galego feminino nos últimos anos.

O rexistro máis antigo data do ano 1993 no que Alejandro Gómez establecía en Oslo un crono de 27:39.38 sobre os 10.000 m. sendo na categoría feminina Angeles Barreiro quen facía o propio no concurso de disco con 60.56 m. un ano despois en Ferrol. Por especialidades destaca o sector dos lanzamentos que conta cun total de nove atletas nos postos importantes da lista, domiñando por modalidades a xavelina e a proba dos 35 km. marcha, proba esta última de recente implantación.

En canto a nomes propios, dous dos atletas estandarte que marcaron época do noso deporte Julia Vaquero e Alejandro Gómez, figuran en máis dunha ocasión nese Top10 logo de ter sido capaces de simultanear as probas máis longas do calendario como son os 5.000 m., os 10.000 m. e a proba de maratón.

Posto Proba Atleta Rexistro Ano

1ª Peso Belén Toimil 18.80 2021

1ª 5.000 Julia Vaquero 14:44.95 1996

1ª Triplo Ana Peleteiro 14.87 2021

2ª Disco Angeles Barreiro 60.56 1994

2ª Lonxitude Leticia Gil 6.69 2021

2ª Xavelina Lidia Parada 61.25 2018

2ª 10.000 Julia Vaquero 31:14.51 1997

3ª Martelo Dolores Pedrares 67.14 2004

3ª 3.000 Obs Eva Arias 9:25.14 2009

3ª Maratón Alessandra Aguilar 2h.27:00 2011

3º Disco Frank Casañas 67.91 2008

4º 800 Adrián Ben 1:44.18 2021

4º Xavelina Gustavo Dacal 78.88 2003

5ª Xavelina Marta Míguez 59.43 2001

5ª 35 km Mcha Antía Chamosa 2h.53.18 2022

5ª Altura Saleta Fernández 1.90 2019

6ª Triplo Ruth N´Doumbe 14.15 2014

7º 35 km. Mcha Daniel Chamosa 2h.32:43 2022

7º 50 km Mcha Santi Pérez 3h.45:55 1998

8º Decathlon David Gómez 7.940 2004

8º 10.000 m Alejandro Gómez 27:39.38 1993

8ª 35 km Mcha Carmen Escaríz 3h.00.48 2022

9º Xavelina Raimundo Fernández 76.00 2000

9º Maratón Alejandro Gómez 2h.07:54 1997

9º Lonxitude Jean M. Okutu 8.17 2016

9º Martelo Isaac Vicente 71.25 2015

10º 1.500 Andrés Díaz 3:31.48 2000

un dato importante é que nos últimos dous lustros incorporáronse a esta relación un total de doce atletas galegos e galegas o que representa algo máis do 40% e que reflicte unha importante dinámica de rexuvenecemento nos distintos rexistros