LUMES FORESTAIS

O alcalde de A Gudiña, Néstor Ogando, cree que os lumes que padecen poden ser intencionados

Na Gudiña arderon esta semana case 400 hectáreas en Pentes e Barxa.

O lume de Pentes que se deu inicialmente por controlado, reactivouse

Jesús Álvarez

Ourense | 19.09.2024 12:57

Integrantes da Brif de Laza actuando no lume de A Gudiña
Integrantes da Brif de Laza actuando no lume de A Gudiña | Diario de un Bombero (Rede Social X)

Os lumes forestais seguen dando problemas na provincia de Ourense neste mes de setembro. A última hora da tarde de onte reactivábase na Gudiña na parroquia de Pentes un lume que se iniciou o pasado luns e que inicialmente dérase por controlado. O lume queimou case 300 hectáreas segundo informou a Conselleria do Medio Rural que confirmou que ate a mañá do xoves levabanse movilizados na zona 23 axentes, 44 brigadas, 25 motobombas, 6 pas, 3 tecnicos, 10 helicópteros e 10 avións, sumándose ao operativo medios portugueses por estar o lume a carón da fronteira.

Tamén no concello da Gudiña foi estabilizado a mediodía de onte (mércores) outro lume na parroquia de Barxa que comezou o martes a medianoite e que arrasou unha superficie provisional de 90 hectáreas. Nel desplegouse tamen un operativo ao que se sumaron 8 helicópteros e 8 avións demáis de 11 motobombas, 28 brigadas, 17 axentes, 2 pas e 4 técnicos.

O alcalde de A Gudiña,Nestor Ogando explicaba en Onda Cero que o lume de Pentes estaba a ser estabilizado coas brigadas refrescando a zona na mañá do xoves e sinalaba que a sua reactivación puido deberse ao vento e a calor. Ogando lamentaba que no que vai de ano sexan xa cinco os lumes que afectaron ao municipio, o que non considera normal e atribúe a alguén "interesado ou enfermo" anque descoñece as causas.

Mentres tamén na provincia de Ourense en Chandrexa de Queixa, na parroquia de Requeixo quedaba controlado o lume forestal que arrasou máis de 40 hectáreas.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora