Patromonio

Melloran os entornos das torres da Limia

A Xunta realiza a roza dos entornos a este patrimonio

Paco Sarria

Ourense |

Melloran os entornos das torres da Limia
Melloran os entornos das torres da Limia | onda cero ourense

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, supervisou en Sandiás, acompañado do alcalde, Felipe Traveso, o comezo dos traballos de limpeza e roza da Torre do Castro, que forma parte dos Castelos da Limia, propiedade da Xunta de Galicia, aos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinou máis de 12.000 euros.

O delegado territorial explicou que esta actuación forma parte das intervencións arqueolóxicas que para o ano 2025 promove a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a través do seu servizo de Arqueoloxía, destinadas ao coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Galicia.

Manuel Pardo subliñou “a importancia de conservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural que é un dos principais sinais que procuran identidade de pobo”. “O patrimonio é unha oportunidade para todos, para o seu aproveitamento cultural, a súa proxección exterior e para fortalecer a marca de país”; concluíu.