Un matrimonio do concello ourensá de Vilardevós emigrado en Euskadi perdeu a vida esta fin de semana nun sinistro de tráfico acontecido en Álava cando regresaban de pasar uns días en Galicia. O vehiculo caeu dun viaducto de quince metros de altura. As víctimas, home e muller tiñan 78 e 76 anos respectivamente. Os funerais serán esta tarde na sua vila natal de A Veiga de Meás onde o suceso causou conmoción entre os veciños.