A executiva galega do Psoe podería anunciar medidas disciplinarias

María Devesa e Susana Bayo non acudiron de novo á xunta de goberno

A executiva socialista galega volverá a ter esta tarde nas suas mans a posibilidade de tomar medidas para zanxar a crise do grupo municipal socialista no concello de Ourense. De momento esta mañá as edis Susana Bayo e María Devesa volveron a ausentarse da xunta de goberno local. Sen embargo presentaron xuntas o proxecto "Come Ourense" nun acto no que defenderon a xestión do goberno municipal.

ondacero.es

Ourense | 27.01.2014 13:31

A executiva socialista galega volverá a ter esta tarde nas suas mans a posibilidade de tomar medidas para zanxar a crise do grupo municipal socialista no Concello de Ourense. De momento esta mañá as edis Susana Bayo e María Devesa volveron a ausentarse da xunta de goberno local á que presentaron a sua renuncia días atrás en disconformidade coa retirada de competencias ao edil Antonio Rodríguez Penín, discrepancia que tamén mantén outra edil díscola, Mónica Vázquez que pola contra sí acudiu hoxe á xunta de goberno municipal. Susana Bayo e María Devesa mantiveron a axenda de traballo municipal dentro das suas competencias e acudiron á presentación do proxecto “Come Ourense” no decurso do que non quixeron falar de problemas internos e limitaronse a afirmar que o goberno municipal está funcionando e atendendo aos asuntos que lles interesa aos cidadás.