O Partido Popular de Ourense di lamentar a falla de resposta tanto por parte do Concello como por parte do PSOE diante do incremento de roubos na cidade. Explican que houbo novos actos delictivos no barrio de A Ponte esta fin de semana en establecementos comerciais e no Museu do Ferrocarril na Avenida de Marin.
Para a edil popular Noelia Pérez os veciños transmiten "unha gran percepción de inseguridade en tódolos barrios da cidade, pero especialmente en O Pino, Tras Estación, O Vinteún e A Ponte" e lembra que advertiron desta situación hai xa un ano sen que se fixera nada por evitalo "máis que botar balóns fora".